Un poema é un texto literario no que predomina a función estética. A súa
finalidade non é transmitir unha información, senón emocionar ao receptor. O
autor expresa sentimentos persoais, íntimos, subxectivos. O poema caracterízase
pola súa expresividade, que se consegue mediante a utilización de diversos
recursos formais e estilísticos.
Para comentar un poema hai que analizar o contido e a forma, podendo usar o
seguinte esquema:
1.- Actividades previas:
. Comprensión do texto
. Contextualización
2.- Análise do contido:
2.1. Tema. Os motivos expresados no poema son sempre os mesmos ao
longo da historia. Varía o xeito de tratalos, de acordo coa personalidade do
autor e cos diferentes movementos literarios. Unha clasificación podería ser:
I.
Temática
lírica: incide na expresión dos sentimentos íntimos do poeta no tocante á vida
e á norte, ao amor e desamor, á natureza ou ao alén.
II.
Temática
satírica: procura a través do humor e a caricatura a ridiculización de individuos
ou institucións.
III.
Temática
costumista: conta costumes, crenzas e tradicións populares
IV.
Temática
social-patriótica. Pon de manifesto o compromiso do poeta co seu tempo, coa súa
terra e coas súas xentes.
V.
Temática
fantástica: glosa lendas, situación ou acontecementos extraordinarios.
·
Tema
principal
·
Tema(s)
secundario(s)
2.2. Argumento: conxunto de acontecementos ou situacións que se
tratan no texto.
2.3. Estrutura: A estrutura é a disposición e a relación entre os
elementos que compoñen o texto. Debemos tentar descubrir como estableceu o
autor esas relacións. Pode ser de dúas clases, externa e interna, e adoptar
formas moi variadas.
.- Externa: organización ou disposición visible e explícita do texto en
partes diferenciadas, en estrofas…
.- Interna: organización ou disposición latente e implícita dos elementos
do texto. Debemos tentar descubrir a forma como se organiza o tema e os
subtemas no texto, en núcleos independentes, pero relacionados entre si,
cumprindo diversas funcións que poden ser de situación espacial ou temporal, de
contraste, de amplificación, de intensificación, etc.
3.- Análise da forma: Se no apartado anterior vimos o que se di,
agora analizaremos como se di a través do estudo dos niveis gráfico, fónico,
morfosintáctico e léxico-semántico.
3.1. Nivel gráfico: Comprende fenómenos
perceptibles a través do visionado do texto escrito, como a disposición do
espazo, a tipografía, a ortografía, a caligrafía…
I.
Disposición
en verso: fronte á prosa na que, en xeral, as liñas interrómpense polo límite
do espazo natural ou pola norma ortográfica, na poesía temos liñas
interrompidas polo seu remate, independentemente de que este coincida ou non co
límite de espazo material ou coa norma ortográfica.
II.
Disposición
en forma figurativa: organización visual do texto en forma de debuxo, que pode
ser tipográfico (debuxo realizado con caracteres de imprenta) ou caligráfico
(debuxo realizado mediante caracteres escritos a man)
III.
Disposición
acróstica, mesóstica e teléstica: letras iniciais, medias ou finais,
respectivamente, de cada verso dun conxunto que compoñen unha palabra ou frase
ao ser lidas verticalmente.
3.2.
Nivel
fónico: Comprende fenómenos perceptibles a través do son, como os
fonoestilísticos (aliteración, onomatopea, paronomasia), e os métricos (cómputo
silábico, verso, rima, ritmo, estrofa, poema non estrófico)
3.3.
Nivel
morfosintáctico: Comprende fenómenos producidos pola especial frecuencia,
colocación ou relevancia de elementos morfolóxicos e sintácticos. Poden
producirse por omisión, acumulación, recorrencia, concordancia e distribución.
3.4.
Nivel
léxico-semántico: Comprende o vocabulario e o significado e sentido das
palabras, así como os tropos e as figuras retóricas de base semántica.
4.- Comentario crítico
Ningún comentario:
Publicar un comentario