Buscar neste blog

domingo, 9 de decembro de 2012

Damas e cabaleiros

Para ambientar o exame sobre a Literatura Medievasl déixovos estas ilustracións de damas e cabaleiros que viven en castelos cheos de encanto:

 
Estas ilustracións, imitando as pinturas medievais, son do ilustrador Nataliya Derevyanko- Наталья Деревянко.




sábado, 8 de decembro de 2012

Cantigas de Santa María

Páxina web informativa, xenial: http://cantigas.webcindario.com/


Recopilación de imaxes de músicos que acompañan os textos das cantigas do Rei Alfonso X "O Sabio":




Cantiga 100:


mércores, 28 de novembro de 2012

Proposta de cantigas para comentar (II)

 Airas Nunes

Amor faz a min amar tal senhor
que é máis fremosa de quantas sei,
e faz-m'alegr'e faz-me trobador,
cuidand'en ben sempr'; e máis vos direi:
faz-me viver en alegrança
e faz-me toda vía en ben cuidar.
          Pois min amor non quer leixar
          e dá-m'esforc'e asperança,
          mal venh'a quen se del desasperar.

Ca per amor cuid'eu máis a valer,             : "creo ter máis méritos por causa de amar"
e os que d 'el desasperados som
nunca poderam nem ũu bem aver,
mais aver mal; e por esta razom
trob'eu e nom per antolhança,
mais pero que sei mui lealment'amar.
            Pois min Amor non quer leixar
            e dá-m'esforc'e asperança,
             mal venh'a quen se del desasperar.

Cousecen mim os que amor non ham
e non cousecen si, vedes que mal!,
ca trob'e canto por senhor, de pram,
que sobre quantas hoj'eu sei val
de beldad'e de ben falar,
 e é cousida sen dultança.
Atal am'eu, e por seu quer'andar.
             Pois min Amor non quer leixar
             e dá-m'esforc'e asperança,
              mal venh'a quen se del desasperar.


Nuno Treez

Estava-m' em Sam Clemenço,  |  u fora fazer oraçom,
e disse-mi_o mandadeiro,  |  que mi prougue de coraçom:
                         "- Agora verrá aqui voss' amigo".

Estava-m' em Sam Clemenço,  |  u fora candeas queimar,
e disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom semelhar
                                 agora verrá aqui voss' amigo".

Estava-m' em Sam Clemenço,  |  u fora oraçom fazer,
e disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom parecer,
                            agora verrá aqui voss' amigo".

E disse-mi_o mandadeiro,  |  que mi prougue de coraçom,
porque viu que me prazia,  |  ar disse-mi_outra vez entom:
                             agora verrá aqui voss' amigo".      

E disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom semelhar";
porque viu que me prazia,  |  ar começou-me a falar:
                            agora verrá aqui voss' amigo".

 E disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom parecer";
porque viu que me prazia,  |  ar começou-me a dizer:
                        "- Agora verrá aqui voss' amigo".


Martim de Ginzo

Como vivo coitada, madre, por meu amigo,
ca m'enviou mandado que se vai no ferido,                : "para unha expedición militar"
     e por el vivo coitada!

Como vivo coitada, madre, por meu amado,
ca m'enviou mandado que se vai no fossado,                : "servir ao rei"
     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no ferido,
eu a Santa Cecilia de coraçón o digo,
     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no fossado,
eu a Santa Cecilia de coraçón o falo,
     e por el vivo coitada!


Pero Meogo

-Digades, filha, mia filha velida:
porque tardastes na fontana fría?
     -Os amores ei. 

Digades, filha, minha filha louçana:
porque tardaste na fría fontana?
     -Os amores ei. 

-Tardei, mia madre, na fontana  fría,
cervos do monte a augua volvían.
    -Os amores ei. 

Tardei, mia madre, na fría fontana:
cervos do monte volvían a augua.
   -Os amores ei. 

-Mentir, mia filha, mentir por amigo:
Nunca vi cervo que volvess´ o rio.
   -Os amores ei.

Mentir, mina filha, mentir por amado:
Nunca vi cervo que volvess´o alto.
      -Os amores ei. 



Nuno Fernandes Torneol


Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
todalas aves do mundo d' amor dizian:
                    leda m' and' eu.

Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;
todalas aves do mundo d' amor cantavan:
                    leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor diziam;
do meu amor e do voss' en ment' avian:
                    leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor cantavan;
do meu amor e do voss' i enmentavan:
                     leda m' and' eu.

Do meu amor e do voss' en ment'avian;
vós lhi tolhestes os ramos en que siian:
                      leda m' and' eu.

Do meu amor e do voss' i enmentavam;
vos lhi tolhestes os ramos en que pousavan
                      leda m' and' eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que siian
e lhis secastes as fontes en que bevian:
                     leda m' and' eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavan
e lhis secastes as fontes u se banhavan:
                      leda m' and' eu.

Proposta de cantigas para comentar (I)

Tal como me pedistes, déixovos aquí unhas cantigas para quen queira practicar comentarios.


João Airas de Santiago

Vi eu donas, senhor, em cas d'el-rei,
fremosas e que pareciam bem,
e vi donzelas, muitas u andei;
e, mia senhor, direi-vos ũa rem:
           a mais fremosa de quantas eu vi,
           long'estava de parecer assi

Come vós. Eu muitas vezes provei
se ac[h]aria de tal parecer
algũa dona, senhor, u andei;
e, mia senhor, quero-vos al dizer:
             a mais fremosa de quantas eu vi,
            long'estava de parecer assi

Come vós. E, mia senhor, preguntei
por donas muitas, que oí loar
de parecer, nas terras u andei;
e, mia senhor, pois mi as fo[rom] mostrar:
             a mais fremosa de quantas eu vi,
             long'estava de parecer assi.


Bernal de Bonaval 

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
                      se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
                     se nom dade-mi-a morte.
 
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
                     se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
                    se nom dade-mi-a morte.


D. Dinís

Quer’eu em maneira de proençal
fazer agora um cantar d’amor,
e querrei muit’i loar lmia senhor
a que prez nem fremosura nom fal,
nem bondade; e mais vos direi ém:
tanto a fez Deus comprida de bem
que mais que todas las do mundo val.

Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,
quando a fez, que a fez sabedor
de todo bem e de mui gram valor,               :  "que a fixo coñecedora de todo ben"
e com tod’est[o] é mui comunal                  :  "é moi sociable, sabe estar"
ali u deve; er deu-lhi bom sém,
e desi nom lhi fez pouco de bem
quando nom quis lh’outra foss’igual            : "fíxoa tan ben, que non quixo facer outra igual"
Ca en mia senhor nunca Deus pôs mal,
mais pos i prez e beldad'e loor
e falar mui ben, e riir melhor
que outra molher; des i é leal
muit', e por esto non sei oj'eu quen
possa compridamente no seu ben
falar, ca non á, tra-lo seu ben, al.                      :  "non hai un ben maior, alén do seu"




Fernando Esquio 

Amor, a ti me ven[h]'ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar,
cada u dórmio, sempre m'espertar
e faz-me de gram coita sofredor.
Pois m'ela nom quer veer nem falar,
           que me queres, Amor?

 Este queixume te venh'or dizer:
 que me nom queiras meu sono tolher
pola fremosa do bom parecer
que de matar home sempr'há sabor.
Pois m'ela nẽum bem quis[o] fazer,
          que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por em
que me nom tolhas meu sono por quem
me quis matar e me teve em desdém
e de mia morte será pecador.
Pois m'ela nunca quiso fazer bem,
            que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto por tal
que me nom tolhas meu sono por qual
me nom faz bem [e sol me faz gram mal]
e mi o [fará], desto [som] julgador.
Poilo seu bem cedo coita mi val,
            que me queres, Amor?

Cantigas de amor

Máis presentacións. Non poderedes dicir xamais que non tiñades por onde estudar:

Recursos formais das cantigas de amor

 . RECURSOS FORMAIS: a cantiga de amor é máis complexa cá de amigo:

.- Dobre: repetición dunha mesma palabra na mesma posición nun verso dentro da mesma cobra.
.- Mordobres: repítese o lexema dunha palabra dentro da mesma posición da mesma cobra.
.- Atafiinda: unión entre estrofas, unha continúa na seguinte.
.- Fiinda: conxunto dun ou máis versos que nas cantigas de refrán están situados ao final da cantiga, xusto logo do refrán, e que actúan a modo dunha conclusión ou remate.
.- Capdenais: repetición dunha ou de varias palabras no mesmo verso de cobras sucesivas.


. A COBRA:

.- Cobras unisonantes: repiten a mesma distibución da rima en todas as cobras.
.- Cobras singulares: cambian de rima dunha cobra a outra.
.- Cobras doblas: cambio de rima de dúas en dúas.
.- Cobras alternas: riman as pares coas pares e as impares coas impares.
.- Cobras capfinidas: cada cobra comeza pola última palabra ou secuencia de palabras da anterior.
.- Cobras capcaudadas: a rima do último verso dunha cobra repítese no primeiro da seguinte.
.- Cobras retrogradadas: cando a segunda cobra repite en orde inversa a distribución de rimas da primeira.


 Lembrade que o cómputo silábico realízase ata a última sílaba tónica do verso.


Nesta páxina tedes esquemas de todas as cantigas.

luns, 26 de novembro de 2012

Temas da cantiga de amor



A cantiga de amor galego-portuguesa desenvolve catro temas fundamentais:

1.- O ELOXIO DA DAMA que se nos presenta dotada de todas as virtudes e cualidades no seu grao máximo (fremosa senhor). O trobador loa o seu sentido (sen), a súa mesura, o seu valor (prez) sen chegar nunca a exemplificalo. O eloxio prodúcese nos primeiros versos e pode reiterarse de xeito paralelístico ao longo da composición.
2.- A DECLARACIÓN DO AMOR DO POETA que se nos transmite tamén en fórmulas estereotipadas.
3.- A RESERVA DA DAMA: Actitude que define en xeral as relacións co poeta, raramente a senhor demostra aceptar o galanteo amoroso: pode ser condescendente, cauta, indiferente ou sanhuda e despectiva co namorado, mais sempre dende un distanciamento que o trobador non consegue superar.
4.- A COITA DE AMOR: Provocada por este distanciamento que pode conducir ao trobador á loucura (sandeu) ou á morte. O morrer de amor é o tópico predilecto dos nosos trobadores como demostración suprema da entrega á dama.

Diferenzas entre a CANTIGA DE AMOR e a CANÇO PROVENZAL



Aínda inspirándose na canço provenzal, a cantiga de amor introduce notables variacións de orde temática e formal que teñen en común unha tendencia á simplificación.
  1. Na lírica provenzal a muller a quen se dirixían as cantigas era real e estaba casada; tratábase pois dun amor adúltero. Os nosos poetas diríxense a unha dona idealizada que pode estar casada ou solteira.
  2. Desaparecen case totalmente as referencias á natureza de suma importancia na retórica da canço que comezaba a miúdo cun exordio primaveral. A cantiga de amor carece polo regular de ambientación e cronoloxía. Sitúase no terreo das ideas e os sentimentos puros.
  3. O código do amor cortés redúcese aos seus trazos esenciais: a dependencia emocional do trobador-vasalo respecto á senhor-dama. Os motivos vasaláticos son menos recorrentes.
  4. A senhor da cantiga de amor é unha figura máis incorpórea que a da canço. Carece de aparencia física, e as súas calidades morais son realzadas de forma hiperbólica máis xenérica.
  5. Na nosa lírica, a senhor manifesta diversas actitudes respecto do poeta, quen pode ir desde a indiferencia (desamparar) pasando pola revancha (dar pena, dar coita, fazer mal) ata chegar a mostrarse vingativa (sanha) e negarlle ao namorado o dereito de lle falar ou de mirala.
  6. O gozo de amar e a sensualidade que caracteriza á poesía provenzal son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor consecuencia do rexeitamento que sofre o namorado, que nunca chega a ser correspondido pola dama, cousa que si suceda na canço. O tema do amor non correspondido convértese así no máis frecuente da cantiga de amor galego-portuguesa.
  7. O joi (ledicia) a penas ten cabida na Cantiga de amor polo, que o grao de drudo está vedado aos nosos trobadores. No seu lugar domina o sentimento da COITA, un estado de sufrimento provocado pola imposibilidade de calar a súa sede amorosa.. O namorado experimenta todas as dores do amor sen gozar de ningún  dos seus praceres.
Debido a este comportamento da senhor, o poeta vivirá en constante desacougo, que o levará a atoparse desorientado, (desnortado, desventurado, cativo) ou tolo de amor (perder o sen, ensandecer) e mesmo chegar á morte por amor nun último intento de persuasión para que a dama lle conceda o amor. A coita de amor que manifesta o poeta hai que tomalo case sempre como un finximento, un xogo literario que por unhas regras analiza o estados anímicos do amante.

O código do amor cortés



            O código do amor cortés supón unha auténtica revolución nos costumes amorosos e na linguaxe da poesía erótica a fins do século XI. Significa a idealización absoluta do amor como fundamento da plenitude humana libre de convencións sociais e morais, xa que o modelo de relación que glosa a canço é polo regular adúltero. Por outra parte, desenvolve un completo formulario para a vivencia e expresión do amor refinado.
            O código do amor cortés combina múltiples motivos ideolóxicos procedentes das principais correntes da cultura medieval:
1.- Feudalismo: Deste adopta o esquema básico que deben seguir as relacións home-muller. O home convértese en VASALO e a muller en SENHOR. A relación entre ambos toma a forma dun pacto de vasalaxe amorosa rexido por principios semellantes á vasalaxe feudal (servizo e lealdade por parte do namorado, aceptación, atencións e defensa por parte da dama). Alén disto, o amor cortés era un sinal de distinción social propio da aristocracia e vedado a quen non fose de condición nobre.
2.- Cristianismo: incorpora unha imaxe feminina próxima á da Virxe como suma de todas as virtudes. O amor cortés realiza unha divinización da muller e convértea en obxecto de adoración e fervor case relixioso.
3.- Platonismo: Deste recolle a concepción do amor como unha ascese purificadora, un camiño de elevación moral que debe levar ao namorado a ser merecente dos favores da dama idealizada a través dunha dura aprendizaxe. Nesta ascese os provenzais distinguían ata catro graos:
            .- O namorado convertíase en fenhedor ou suspirante cando, incluso antes de coñecer á dama desexaba conseguir o seu favor.
            .- Pasaba a ser precador ou suplicante cando despois de coñecela lle pedía con insistencia que o aceptase como namorado.
            .- Alcanzaba o grao de entendedor cando a dama o aceptaba, esta aceptación implicaba o inicio da vasalaxe amorosa selada pola entrega dunha doa como sinal por parte da dama.
            .- O último grao na escala amorosa era o de drudo, palabra coa que se designaba ao amante cando conseguía os plenos favores da dama.

A ascese remata no “joi” (ledicia), a plena felicidade conseguida tras percorrer todo o camiño de perfeccionamento interior e achegarse á muller idealizada.
A dama a quen o trobador dirixía os seus poemas era unha muller xeralmente casada, e de condición social superior. Este feito xunto á discreción á que o cabaleiro estaba obrigado pola regras de cortesía fan que o trobador oculte a identidade da súa
dama baixo un pseudónimo ou sinal.