A cantiga de amor
galego-portuguesa desenvolve catro temas fundamentais:
1.- O ELOXIO DA
DAMA que se nos presenta dotada de todas as virtudes e cualidades no seu grao
máximo (fremosa senhor). O trobador
loa o seu sentido (sen), a súa
mesura, o seu valor (prez) sen chegar
nunca a exemplificalo. O eloxio prodúcese nos primeiros versos e pode
reiterarse de xeito paralelístico ao longo da composición.
2.- A DECLARACIÓN
DO AMOR DO POETA que se nos transmite tamén en fórmulas estereotipadas.
3.- A RESERVA DA
DAMA: Actitude que define en xeral as relacións co poeta, raramente a senhor
demostra aceptar o galanteo amoroso: pode ser condescendente, cauta,
indiferente ou sanhuda e despectiva co namorado, mais sempre dende un
distanciamento que o trobador non consegue superar.
4.- A COITA DE
AMOR: Provocada por este distanciamento que pode conducir ao trobador á loucura
(sandeu) ou á morte. O morrer de amor
é o tópico predilecto dos nosos trobadores como demostración suprema da entrega
á dama.
Ningún comentario:
Publicar un comentario