Aínda inspirándose
na canço provenzal, a cantiga de amor introduce notables variacións de orde
temática e formal que teñen en común unha tendencia á simplificación.
- Na lírica provenzal a muller a quen se dirixían as cantigas era real e estaba casada; tratábase pois dun amor adúltero. Os nosos poetas diríxense a unha dona idealizada que pode estar casada ou solteira.
- Desaparecen case totalmente as referencias á natureza de suma importancia na retórica da canço que comezaba a miúdo cun exordio primaveral. A cantiga de amor carece polo regular de ambientación e cronoloxía. Sitúase no terreo das ideas e os sentimentos puros.
- O código do amor cortés redúcese aos seus trazos esenciais: a dependencia emocional do trobador-vasalo respecto á senhor-dama. Os motivos vasaláticos son menos recorrentes.
- A senhor da cantiga de amor é unha figura máis incorpórea que a da canço. Carece de aparencia física, e as súas calidades morais son realzadas de forma hiperbólica máis xenérica.
- Na nosa lírica, a senhor manifesta diversas actitudes respecto do poeta, quen pode ir desde a indiferencia (desamparar) pasando pola revancha (dar pena, dar coita, fazer mal) ata chegar a mostrarse vingativa (sanha) e negarlle ao namorado o dereito de lle falar ou de mirala.
- O gozo de amar e a sensualidade que caracteriza á poesía provenzal son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor consecuencia do rexeitamento que sofre o namorado, que nunca chega a ser correspondido pola dama, cousa que si suceda na canço. O tema do amor non correspondido convértese así no máis frecuente da cantiga de amor galego-portuguesa.
- O joi (ledicia) a penas ten cabida na Cantiga de amor polo, que o grao de drudo está vedado aos nosos trobadores. No seu lugar domina o sentimento da COITA, un estado de sufrimento provocado pola imposibilidade de calar a súa sede amorosa.. O namorado experimenta todas as dores do amor sen gozar de ningún dos seus praceres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario