A creación
artística medieval movíase dentro duns estreitos límites estilísticos e
temáticos e estaba rexido por métricas recollidas na “Arte de Trobar”.
.- METRO: Na
métrica galego-portuguesa medieval cóntase ata a última sílaba acentuada. Os
versos máis empregados foron os decasílabos e os octosílabos, aínda que podemos
atopar unha ampla variedade de combinacións silábicas.
.- RITMO: o ritmo
da poesía medieval aséntase na monótona repetición paralelística e no equilibrio
do isosilabismo (igual número de sílabas en cada verso).
Se hai algún metro
non regularizado, a irregularidade sería corrixida pola melodía musical. Os
trobadores modulaban os ritmos das súas composicións a través dos
Encabalgamentos.
.- RIMA: Segundo o
acento, os versos poden ser Machos ou Femias. Son Machos os que acaban en
palabra aguda. Son Femias cando os versos rematan en palabra grave.
Na poesía medieval
abundan as rimas gramaticais nas que se asocian palabras de igual categoría.
Dende un punto de vista FORMAL as
cantigas poden ser DE Refrán ou DE Mestría.
.- CANTIGAS DE
REFRÁN: Están constituídas normalmente por un número de 4 versos en cada cobra
co seguinte esquema rimático “abba CC”. Son máis frecuentes nas cantigas de
amigo.
O REFRÁN é un ou varios versos
repetidos sistematicamente na mesma posición ao longo da cantiga, ao final ou
no corpo da cobra. Podía ter un número distinto de sílabas có resto dos versos
da cantiga
.- CANTIGAS DE
MESTRÍA: Non levan refrán. Polo xeral consta de tres ou máis cobras regulares e
a rima preferida é a aguda. O número de versos de cada cobra é polo xeral sete,
podendo variar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario