Formas reflexivas:
A reflexividade ocorre cando o pronome representa a
mesma persoa do suxeito : “Eu lávome”.
Algunhas particularidades:
-
Non son posibles en galego as construcións reflexivas nas que
a acción se exerza unicamente sobre unha parte do suxeito: *Laveime as mans. Hai que dicir: “Lavei as
mans”.
-
Os pronomes reflexivos non entran nunca en cadea cos pronomes
átonos de terceira e sexta persoa de CD. Así, serían erróneas expresións do
tipo : *Pregúntato ou Pregúntaso. Haberá
que dicir : “Pregúntate iso” ou “pregúntase iso”.
-
As formas reflexivas úsanse tamén nas construcións
recíprocas, é dicir, nas que dous ou máis actores se alternan nos papeis de
suxeito (axente) e obxecto, representado este por un clítico reflexivo de
plural que pode ser CD (“Paco e Iria bicáronse / Nós ofendémonos”) ou CI. Pero
neste caso, é dicir, cando o reflexivo é CI, acompaña un CD que non pode ser
nunca un clítico (“Paco e Ana déronse bicos” nunca *Paco e Ana déronsos”)
-
Algúns verbos que en castelán son reflexivos non o son en
galego: “adormecer, espertar, calar, caer, casar, ficar, marchar, morrer,
parar, romper...” : “Antía e Paulo casaron e marcharon de lúa de mel”. Outros
verbos moi raramente poden ser usado como reflexivos: “durmir, quedar, sentar, sorrir...”
-
Algúns verbos como “afogar(se), sentir(se), dar(se),
comportar(se), despedir(se), fixar(se), manifestar(se), parecer(se),
ter(se)...” poden admitir ou non a forma reflexiva, pero a escolla entre unha
ou outra implica diferenza de significado. Así:
Afogar: morrer por submersión involuntaria / Afogar:
suicidar mergullándose na auga.
Sentir: percibir polos sentidos; oír /
sentirse: estar de certa maneira segundo o estado de ánimo
Dar: entregar
/ Darse: afacerse, nacer da terra
Rir: manifestar ledicia /
Rirse: burlarse de algo ou alguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario