.- SE reflexivo:
dáse en construcións reflexivas, que poden ser directas ou indirectas. Nas
directas a correferencia dáse entre Suxeito e CD (“Xandra báñase todos os
días”), ou sexa, o pronome –en función de CD- ten o mesmo referente có suxeito
(“Vestiuse na casa”). Nas indirectas, moi raras en galego e que só se dan se o
CD non é un clítico, a correferencia dáse entre Suxeito e CI (“Xandra dáse un
baño”). Porén, non son posibles construcións como *Paio quitouse un chaqueta ou
*Mercouse un xersei, nas que o correcto será “Paio quitou a (súa) chaqueta e
Mercou un xersei”.
.- SE recíproco:
dáse cando dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito e obxecto,
representado por un clítico reflexivo de plural que pode ser CD ou CI, é dicir,
dúas ou máis persoas realizan unha acción que reciben mutuamente. Cando o
reflexivo é CD, acompaña un CD que non pode ser nunca un clítico : “Os noivos
despedíronse (recíproca directa) / Os noivos déronse o número de teléfono
(recíproca indirecta); nunca *déronso.
.- SE marca de
pasiva impersoal ou pasiva reflexa: construción formada polo pronome se+un
verbo en voz activa (en terceira persoa de singular ou de plural) que concorda
co suxeito paciente: “Alúganse pisos” ou “Alúgase casa” (“Os pisos son
vendidos. A casa é alugada”). Para saber se estamos ante esta construción
xogamos co verbo, singular ou plural: se o suxeito cambia con el é unha pasiva
reflexa.
.- Se non hai tal concordancia ou non hai suxeito
paciente e o verbo está inmobilizado en terceira persoa singular, fálase de activa impersoal con se: “Na clase
falouse da sida / Cando se bebe, non se conduce”
.- SE morfema
de verbo pronominal: o clítico acompaña necesariamente a certos verbos
chamados pronominais, que dese xeito poden adquirir un significado léxico
diferente. Nestes casos é un constituínte formal do verbo e carece de función
sintáctica: “A neve derreteuse coa calor”
Ningún comentario:
Publicar un comentario