DATIVO /
ACUSATIVO
Algúns verbos en galego admiten construcións con
pronomes átonos de CD ou CI. De acordo con isto:
-
Certos verbos como “aconsellar, aprender, axudar, perdoar,
roubar...” admiten un complemento de persoa e outro de cousa: “Aconselloulle que non fose / Aconsellouno ben / Perdooulle a débeda / Perdoouno”.
-
Nalgúns verbos (“chamar, imitar, pegar, querer, servir...”) a
escolla entre o acusativo e o dativo implica diferenza de significado:
“imítalle (parécese a el) / Imítao (remédao, fai coma el)”; “Serviulle (foille útil) / Serviuno
(atendeuno)” ; “Pegoulle (golpeouno) / Pegouno (uniuno)”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario