FONOLOXÍA
Vocalismo
- Perda da nasalidade vocálica: man/mao...
- Mantemento das vogais átonas, fronte á relaxación do portugués.
- Xeneralización dos ditongos -oi-, -ou-, -ei-: moito, ouro, eira...
Consonantismo
- Enxordecemento e redución do sistema de sibilantes, dando lugar á situación actual:
- grafía s-, -s- /s/: saber, casa...
- grafías c, z /T/: cento [TEnto], caza [kaTa]...
- grafía x /S/: leixar, xadrez...
- Conservación do fonema /tS/ para a grafía ch: choco, cheiro...
MORFOSINTAXE
- Distinción te/che, para complemento directo e indirecto: vinte, díxenche...
- Alternancia llo/llelo: dillo (a ela), díllelo (a elas)...
- Xeneralización da desinencia -che(s) para a segunda persoa do singular dos pretéritos perfectos de indicativo: cantaches, comiches...
- Xeneralización da desinencia -o para a 3ª persoa do singular dos pretéritos perfectos de indicativo irregulares: dixo, quixo, fixo...
- Conservación da desinencia -des como morfema número-persoa da segunda persoa do plural: falades, comedes...
LÉXICO
- – Entrada de moitos castelanismos: *Dios (Deus), *pueblo (pobo), *jueves (xoves/quinta feira), *virgen (virxe), *iglesia (igrexa)...
Ningún comentario:
Publicar un comentario