Buscar neste blog
venres, 2 de maio de 2014
domingo, 27 de abril de 2014
O SUBSTANTIVO
É unha clase de palabras que designa
cousas, seres ou conceptos abstractos (casa, home, amor); caracterízase por
estar formado por un lexema ou máis nos compostos (vacaloura), que achega o
significado léxico, e por morfemas derivativos (sufixos e prefixos) e/ou
flexivos (xénero e número).
TIPOS DE SUBSTANTIVOS:
Substantivos propios (topónimos,
antropónimos e patronímicos) e comúns.
Os comúns poden ser:
1.- Pola orixe:
.- Primitivos: se non teñen ningún morfema
derivativo. Exemplo: mesa
.- Derivados: se teñen morfema derivativo.
Exemplo: mesiña
2.- Pola composición:
.- Simples: cun só lexema. Exemplo: mesa
.- Compostos: dous ou máis lexemas.
Exemplo: beirarrúa
3.- Polo significado:
.- Abstractos: designan calidades dos
seres. Exemplo: paz
.- Concretos: con existencia real.
Exemplo: mesa
Á súa vez, os concretos divídense en:
- non contables: podemos medilos ou
pesalos. Exemplo: fariña
- contables: que se poden contar. Poden
ser:
. individuais: designan
un só ser. Exemplo: mesa
. colectivos: designan un
conxunto. Exemplo: rabaño
Así pois, un substantivo como MESA
clasifícase como: substantivo común, primitivo, simple, concreto, contable,
individual.
O XÉNERO DO SUBSTANTIVO
O xénero é un signo
gramatical que leva todo substantivo. Polo xénero os substantivos poden ser
masculinos ou femininos. Polo xeral, os substantivos teñen un só xénero: ou son masculinos ou son femininos. Non obstante, hai
substantivos que admiten a
variación de xénero e, xa que logo, poden estar en masculino ou en
feminino. Exemplo:
avogado/avogada
xudeu/xudía
A adscrición a un xénero ou a outro vén indicada
pola concordancia que o substantivo lles impón aos outros elementos do sintagma
nominal:
- Os substantivos masculinos combínanse coas
formas masculinas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
o
teléfono vermello
o
rapaz alto
- Os substantivos femininos combínanse coas formas
femininas dos determinantes e adxectivos. Exemplo:
a
ponte vella
a
vaca rubia
Son masculinos
·
Os
nomes das letras:
o a, o be, o ce, o gue, o e,
o xe, o uve...
·
Os
substantivos rematados en -ote:
o lote, o dote...
·
Os
rematados en -ume:
o fume, o cume... (pero a pesadume, a servidume)
·
Os
substantivos rematados en -me:
o abdome, o exame, o arame...
·
Outros
coma o leite, o mel, o fel, o sal, o
sinal, o labor, o nariz, o sangue, o berce, o labor, o sorriso, o ubre, o cárcere, o cal...
Son femininos
·
Os
substantivos rematados en -axe:
a homenaxe, a porcentaxe, a paisaxe, a
sondaxe... excepto traxe,
paxe, garaxe e personaxe (que tamén pode ser feminino).
·
Os
substantivos rematados en -se,
-ite:
a análise, a crise, a
énfase, a farinxite, a hepatite, a
dermatite...
·
Os
seguintes substantivos: a árbore, a arte,
a canle, a calor, a cor, a dor, a orde, a
orixe, a vertixe, a pantasma, a ponte, a síndrome, a suor...
·
A maioría das árbores froiteiras, o mesmo que a froita
que dan: a maceira, a cerdeira, a pereira, a nogueira, a ameixeira, a claudieira, a laranxeira...
Se o nome da froita é masculino, polo xeral o nome da árbore tamén
o é: o limoeiro-o limón, o pexegueiro-o pexego.
Son excepcións: a figueira-o figo, o castiñeiro-a castaña.
FORMACIÓN DO FEMININO
- Cando o masculino remata en vogal
átona, fórmase o feminino cambiando o –o
final por un –a:
avogado
– avogada
presidente
– presidenta
- Se o masculina remata en vogal
tónica, o feminino fórmase engadindo un –a:
avó – avoa
- Se o masculino remata en consoante distinta de –n , engádese un –a:
pastor – pastora
- Se o masculino remata en –ín, engade un –a:
pescantín - pescantina
- Se o masculino remata en –eu, cambia esta terminación por –ía:
xudeu - xudía
- Se o masculino remata en –ón, desaparece o –n final e engade un –a:
patrón - patroa
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo –a, é dicir, en –ona:
abusón -
abusona
- Se o masculino remata en -án, o feminino fórmase coa desaparición do –n final:
irmán – irmá
Se o substantivo é pexorativo, o feminino fórmase engadindo
–a, é dicir, en –ana:
lacazán - lacazana
- Ás veces, o feminino fórmase cun morfema
derivativo:
actor - actriz
rei - raíña
- Noutras ocasións,
a oposición de masculino / feminino é a base de semantemas diferentes:
cabalo - egua
home - muller
- Ás veces, a
oposición de xénero dáse só mediante o artigo:
o artista - a artista
- Con algúns
animais, cómpre engadir ao seu carón a palabra “macho” ou “femia”:
leopardo macho -
leopardo femia
A oposición de xénero pode servir para:
-
Diferenciar seres polo sexo: o boi -
a vaca
-
Diferenciar seres polo tamaño ou
pola forma externa. O feminino adoita designar o ser de maior tamaño: o cesto
- a cesta
-
Diferenciar entre individual e
colectivo: o gran - a gra
FORMACIÓN DO PLURAL
- As palabras
rematadas en ditongo, vogal ou en –n engaden -s:
lei - leis
avó - avós
can - cans
- As palabras
rematadas en consoante distinta de –n ou
–s engaden –es:
Flor - flores
- Os substantivos rematados en –s:
. Se son agudas
engaden –es:
Siamés - siameses
. Se rematan en
grupo consonántico, se son graves ou esdrúxulas, permanecen INVARIABLES, é
dicir, presentan sincretismo.
o luns - os luns
o lapis - os lapis
o mércores - os mércores
- Os substantivos rematados en –l:
. Os monosílabos fan o plural engadindo –es
mel - meles
. As palabras graves engaden –es
túnel - túneles
. As palabras compostas con algún destes monosílabos
engaden –es
ollomol - ollomoles
. As palabras agudas quitan o –l e engaden –is
animal - animais
- Os substantivos
rematados en –x presentan sincretismo, polo que o número vén
indicado polo artigo
o tórax - os tórax
- Os cultismos e os
préstamos que rematan en calquera
outra consoante, engaden -s
club - clubs
lord - lores
- Plural das palabras compostas:
. Se os dous
compoñentes non están perfectamente soldados, o plural faise nas dúas palabras:
garda civil
- gardas civís
. Se o composto
está constituído por unha forma verbal ou palabra invariable e outro elemento,
ou se os dous elementos están separados por un guión, só este segundo elemento
vai en plural:
norte-africano
- norte-africanos
galego-falante
- galego-falantes
. Nas construcións
con preposición só o primeiro elemento vai en plural:
estrela de mar
- estrelas de mar
. Cando os dous
elementos son substantivos e van separados, de maneira que o segundo modifica o
primeiro, só recibe marca de plural o primeiro elemento:
sofá cama - sofás cama
cidade xardín
- cidades xardíns
xoves, 13 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
domingo, 9 de marzo de 2014
Sobre Rosalía de Castro
Excelente e completo traballo de Sofía Rama. Visitade a súa páxina:
Estranxeira na súa patria é o título dun dos poemas de Follas Novas
(1880), no que Rosalía fala da soidade ante a "interminable procesión
dos mortos" que non daban "sinal nin mostra de habela nalgún tempo
coñecido", a pesar de seren uns "seus amantes" outros "deudos" e outros
"amigos, compañeiros da infancia, serventes e veciños". Esa "indiferente
marcha dos mortos" causa nela un sentimento de desarraigo ("sen lar nin
arrimo") que a leva a autocaracterizarse como "estranxeira na súa
patria", polo desprezo co que a trata a sociedade da súa época . Ese é o
título (Rosalía, estranxeira na súa terra, marzo 2011) que
Francisco Rodríguez escolleu para profundar na súa tese de doutoramento e
argumentar con probas de peso (cartas persoais, xornais da época…) o
que daquela insinuaba. En palabras do investigador, ela mesma se
atribúe a cualidade de estranxeira na súa condición de persoa que,
paradoxalmente, representando o espíritu xenuino do pobo galego, o seu
dereito á existencia, o seu esforzo por ocupar un lugar na historia, sen
embargo para os sectores intermediarios de Galiza, a Igrexa Católica, a
pequena e mediana burguesía españolizada, os sectores máis
reaccionarios, pois era unha muller molesta, marxinada e perseguida,
especialmente durante a Restauración.
Rosalía,
lonxe de ser unha nai abnegadísima, exerce o control sobre a súa
maternidade. De feito pasarán dez anos entre a primeira filla (casara
preñada dela) e a segunda, para despois adicarse a parir fillos arreo
(até sete). A razón, asegura Francisco Rodríguez, foi a súa carreira
literaria. Rosalía quería ser escritora e vivir da literatura.
Probabelmente esa sexa a razón pola que se empeñou en viaxar a Madrid co
seu home e en publicar en castelán. Segundo Francisco Rodríguez, foi en
Madrid onde Rosalía de Castro tomou conciencia de que Galicia estaba
en situación marxinal e moi discriminada no Estado español, que estaba
en construción, e quixo contribuír á súa evolución sentando as bases
dunha Literatura en lingua galega, desenvolvendo a súa obra nunha
vertente en castelán, para vender e vivir dela, e noutra vertente
reivindicativa, para xente culta, en lingua galega.
Tampouco se aproxima
esta “nova Rosalía” ao papel de amantísima esposa que a historiografía
española reservara para ela. O matrimonio Rosalía-Murguía foi un bo
acordo para dúas persoas que estaban entregadas á creación en función
dunha causa maior: a construción dun país. Os cartos escaseaban e os
dous debían valerse por si mesmos. Pero foi ela a que sacou adiante a
súa prole nos dez derradeiros anos da súa vida. Rosalía foi unha muller
adiantada ao seu tempo, moi amiga doutros homes que tamén eran amigos do
seu esposo , como Eduardo Pondal. No diálogo que se establece no poema ¡Nin ás escuras!, de Follas Novas (1880),
parece insinuarse o tema da homosexualidade, segundo Francisco
Rodríguez, algo inaceptable nos ambientes burgueses do século XIX, cando
unha identidade distinta á heterosexual "era peor que a morte", talvez
por iso o poema mencionado acaba: ¡Houbera, e que saíra!... mais non: dentro te levo, / fantasma pavoroso dos meus remordementos!
Rosalía, lonxe de ser unha muller resignada foi, en palabras de Francisco Rofríguez,
un exemplo de feminismo, da concepción práctica de que a muller é igual
ao home, máis ca ningunha escritora europea da súa época. Algo
impensable nunha muller de formación aldeá. A nosa autora foi unha
muller de grande cultura. Lera os clásicos greco-latinos, era boa
coñecedora da literatura europea da súa época e especialmente das obras
dos filósofos. Manexábase en francés e participaba, entre homes, nas
tertulias literarias do Liceo de la juventud, en Compostela, onde mesmo
fixo representacións como actriz afeccionada. Non podería ser doutra
maneira, pois da intuición espontánea para a versificación non nace o nihilismo, nin o existencialismo, nin a concepción da irracionalidade do mundo que latexa fondamente en Follas Novas
e na súa obra posterior en castelán, encadrándose con voz propia entre
os “poetas malditos” (revolucionarios, bohemios, iconoclastas,
decadentes e profundamente críticos coa sociedade do seu tempo) , que
calificaría e clasificaría Paul Verlaine en 1884, na súa obra Les poètes Maudits.
Eis
a modernidade de Rosalía! A razón de que hoxe a súa poesía siga viva e
feraz (producindo novos creadores que, como lectores, beberan nas súas
páxinas) é esa profundidade de fonte inesgotábel que posúe, mais tamén o
xeito de estar e de ser da súa autora. Rosalía resulta moi atractiva
para un lector/a de hoxe, pola súa actitude revolucionaria, pola súa
bohemia, porque saltaba por riba dos tabús mesmo coa súa relixiosidade
(panteísta, ao estilo tradicional galego) e contraria ao dogma, o que
lle valeu o enfrontamento co Arcebispado de Santiago, que lle negou a
homenaxe pública cando o seu corpo foi trasladado ao Panteón dos Galegos
Ilustres de San Domingos de Bonaval.
ÁNIMA DORIDA E ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA.
En 1988, Francisco Rodríguez defende a súa tese de doutoramento, Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, que, en palabras do presidente do tribunal, Carvalho Calero, supón un antes e un despois na concepción da obra de Rosalía de Castro
pois vai derrubando un por un os falsos tópicos montados en torno á
autora desde o momento da súa morte, desde fóra e desde dentro do país.
Antes
de morrer Rosalía fora branco de aldraxes, mais despois de morrer foi
conscientemente marxinada polos estudosos da literatura española, a
pesar de ter sido a escritora en castelán máis importante da súa época
por terse anticipado, na súa prosa castelá, aos escritores modernistas
e, na súa poética (como os “poetas malditos” franceses) aos pensadores existencialistas do sec. XX. E isto a pesar de d. Emilia Pardo Bazán,
cuxa obra carece hoxe da modernidade e vitalidade que segue a ter a
obra rosaliana, capaz de seguir conmovendo a lectores/as de calquera
latitude. Como indica o profesor Anxo Tarrío, houbo voces que non
quixeron sumarse ao coro oficial. Así, Azorín dicía de Rosalía que fora a precursora da revolución métrica e ideolóxica levada a cabo por Rubén Darío. E Juan Ramón Jiménez recoñecía a influencia que a autora galega tivera na súa obra, ao tempo que sinalaba coincidencias entre Rosalía e a poesía de Antonio Machado. Mesmo F. García Lorca inspirouse nela á hora de escribir os seus poemas galegos. Neste sentido, para un coetáneo como Carré Aldao (dono da libraría Carré, convertida na Cova Céltica) Rosalía é a "culminación do Rexurdimento", Pondal e Curros figuran como "continuadores de Rosalía". E para o maior estudoso da Historia da literatura galega, d. Ricardo Carvalho Calero, "até Rosalía a literatura do sec. XIX é arcaiaca".
Pero as grandes personalidades da época, estudosos e insignes
escritores/as, só tiveron a ben recoñecer o pintoresquismo e o
costumismo de Cantares Gallegos.
Así
a imaxe interesadamente terxiversada que nos chegou de Rosalía foi a
dunha muller resignada, enfermiza, chorosa, nai abnegadísima e
amantísima esposa, saudosa e folclórica. Durante moito tempo mesmo se
chegou a cuestionar a autoría dos seus poemas, asignándolle ao culto
cronista que era o seu home, M. Murguía,
a súa creación, pois Rosalía foi considerada habitualmente na
historiografía como muller de escasa formación cultural. Non se estudaba
realmente a obra de Rosalía, analizábase a súa vida. Aínda hoxe podemos
comprobalo a través dos numerosos blogues e páxinas webs (en español)
que adicadas a ela surcan a rede. Case todas comezan do mesmo xeito:
nacemento ilexítimo, figura paterna ausente que se transloce na “negra
sombra”, formación aldeá, descoberta da súa condición de ilexítima e
trauma para toda a vida…
| Manuel Murguía |
| Rosalía ao estilo Andy Warhol |
Agora, xullo de 2011, vai saír á venda a segunda edición de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria.
En palabras de Pilar García Negro, corrobora nesta obra o autor aquelas
teses coas que hai máis de vinte anos aseguraba que Rosalía era unha
escritora profesional, unha muller enérxica e profundamente culta,
iniciadora dunha literatura galega feminista, abertamente contestataria
na súa denuncia dos poderes civís, militares e eclesiásticos, así como
redactora dunha nova semántica…
sábado, 8 de marzo de 2014
A rosa d'Adina
Vídeo no que aCadaCanto nos ofrece esta versión do poema de Rosalía de Castro, "Aló", gravado nos xardíns da Catedral de Tui.
Esta canción pertence ao album A rosa d'Adina. Tamén deste traballo son os seguintes vídeos, recollidos no Auditorio da Casa da Matanza nun concerto de despedida do 150 aniversario de 'Cantares gallegos'. Organizado xunto coa Rede de Dinamización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e AGADIC.
Via
Esta canción pertence ao album A rosa d'Adina. Tamén deste traballo son os seguintes vídeos, recollidos no Auditorio da Casa da Matanza nun concerto de despedida do 150 aniversario de 'Cantares gallegos'. Organizado xunto coa Rede de Dinamización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Normalización Lingüística e AGADIC.
Via
XAN de Rosalía de Castro
Vídeo montado sobre este poema por alumnado do IES Lagoa de Antela.
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vaa á misa cos nenos,
e fai o leito io caldo.
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos qu'a cada muller
lle conviña un polo menos,
pero cand'un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.
Pepa, a afertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátall'as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalle millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira s'hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, qu'agachado
traillo embaixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela x'o espera entr'as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:
-Por Dios non barulles moito,
que m'estou mesmo morrendo.
-¿Pois que tes, ña mulleriña?
-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
qu'esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio qu'aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentres os meniños deito.
De bágoas s'enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, qu'antre mil
n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;
n'hai máis qu'un atormentado
antre mil que dan tormentos.
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vaa á misa cos nenos,
e fai o leito io caldo.
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos qu'a cada muller
lle conviña un polo menos,
pero cand'un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.
Pepa, a afertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátall'as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalle millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira s'hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, qu'agachado
traillo embaixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela x'o espera entr'as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:
-Por Dios non barulles moito,
que m'estou mesmo morrendo.
-¿Pois que tes, ña mulleriña?
-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
qu'esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio qu'aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentres os meniños deito.
De bágoas s'enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, qu'antre mil
n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;
n'hai máis qu'un atormentado
antre mil que dan tormentos.
luns, 17 de febreiro de 2014
venres, 31 de xaneiro de 2014
domingo, 19 de xaneiro de 2014
Dinche o corazón na man
Imaxe do manuscrito rosaliano e texto do poema Dinche o corazón na man,
publicado pola RAG, a cargo de Henrique Monteagudo e Mª X. Lama
mércores, 18 de decembro de 2013
mércores, 6 de novembro de 2013
sábado, 19 de outubro de 2013
Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
Do voso libro, editorial Xerais, páxina 214. Cantiga de Nuno Fernandes Torneol :
Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
todalas aves do mundo d' amor diziam:
leda m' and' eu.
Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;
todalas aves do mundo d' amor cantavam:
leda m' and' eu.
Toda-las aves do mundo d' amor diziam;
do meu amor e do voss' en ment' aviam:
leda m' and' eu.
Toda-las aves do mundo d' amor cantavam;
do meu amor e do voss' i enmentavam:
leda m' and' eu.
Do meu amor e do voss' en ment'aviam;
vós lhi tolhestes os ramos en que siiam:
leda m' and' eu.
Do meu amor e do voss' i enmentavam;
vos lhi tolhestes os ramos en que pousavan
leda m' and' eu.
Vós lhi tolhestes os ramos en que siiam
e lhis secastes as fontes en que beviam:
leda m' and' eu.
Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavam
e lhis secastes as fontes u se banhavam:
leda m' and' eu.
Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
todalas aves do mundo d' amor diziam:
leda m' and' eu.
Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;
todalas aves do mundo d' amor cantavam:
leda m' and' eu.
Toda-las aves do mundo d' amor diziam;
do meu amor e do voss' en ment' aviam:
leda m' and' eu.
Toda-las aves do mundo d' amor cantavam;
do meu amor e do voss' i enmentavam:
leda m' and' eu.
Do meu amor e do voss' en ment'aviam;
vós lhi tolhestes os ramos en que siiam:
leda m' and' eu.
Do meu amor e do voss' i enmentavam;
vos lhi tolhestes os ramos en que pousavan
leda m' and' eu.
Vós lhi tolhestes os ramos en que siiam
e lhis secastes as fontes en que beviam:
leda m' and' eu.
Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavam
e lhis secastes as fontes u se banhavam:
leda m' and' eu.
Estamos ante unha cantiga de amigo porque aparece a palabra "amigo" xa no primeiro verso da primeira cobra, porque está posta en boca dunha muller (sabémolo no refrán, co pronome "eu" e o adxectivo en feminino) e porque presenta os recursos formais propios deste tipo de cantigas, como son o paralelismo e o leixaprén; é ademais, unha cantiga de refrán, xa que o terceiro verso de cada cobra é idéntico, constituíndo o refrán.
Pode pertencer ao subxénero da alba ou alborada posto que a cantiga comeza coa petición ao namorado de que se erga á alba; ademais, neste momento de tempo é cando os namorados escoitan cantar de amor ás aves. Pero fáltanlle ingredientes propios como a recorrencia da palabra alba.
O suxeito lírico da cantiga e único personaxe é a moza namorada que sutilmente nos introduce na contraposición dos sentimentos do namorado grazas ao uso coidado cara a ela, que sinala a antítese do feliz tempo pasado versus triste tempo actual. Como personaxes, poderiamos falar nesta cantiga dos elementos da natureza, que se amosan claves para entender a relación dos namorados: como a propia amiga, as aves cantan o amor dos namorados na primeira parte da cantiga, mentres que o namorado na segunda se encarga de rachar as pólas e secar as fontes onde os paxaros celebraban o seu amor; é dicir, a natureza, en plena comuñón coa namorada, canta leda cando o amor é compartido, e deixa de facelo (non ten pólas para pousarse nin fonte para beber) cando o amor deixa de ser mutuo. Non só iso, senón que os verbos da segunda parte da cantiga son modificadores da acción que se describían na primeira parte da cantiga.
A cantiga, pois, amósanos a ledicia do amor, da amada ou do amante, mesmo da natureza, nunha primeira parte que abrangue as catro primeiras cobras. Nesta catro primeiras cobras a moza conmina ao namorado para que se erga nas "mañás frías", o que nos suxire que veñen de durmir xuntos, é dicir, que si se produciu o encontro amoroso e a perda de virxindade da doncela (dobre moral da época: social/familia) e nos introduce na ledicia do amor compartido, un amor tan fermoso que "todas as aves do mundo" o proclaman.
A segunda parte da cantiga, as catro últimas cobras, falan do cambio de actitude do namorado, un cambio que non só provoca a tristura na namorada senón en todos os elementos da natureza que xa tiñamos na primeira parte: é o namorado quen, metaforicamente, racha as pólas onde as aves se pousaban para cantar e seca as fontes onde aquelas bebían e se bañaban.
Cantiga de refrán con paralelismo e leixaprén, está composta por oito cobra alternas con medida diferente para cada par de dísticos:
I-II: 14a, 12a
III-IV: 12c, 11c
V-VI: 11a, 12a
VII-VIII: 12c, 12c
Cantiga de refrán con paralelismo e leixaprén, está composta por oito cobra alternas con medida diferente para cada par de dísticos:
I-II: 14a, 12a
III-IV: 12c, 11c
V-VI: 11a, 12a
VII-VIII: 12c, 12c
luns, 30 de setembro de 2013
Protoindoeuropeo
Déixovos esta nova que me pareceu de interese e curiosidade. Agardo que a vós tamén:
http://www.huffingtonpost.es/2013/09/29/protoindoeuropeo_n_4012787.html?utm_hp_ref=fb&src=sp&comm_ref=false
O idioma dos nosos antepasados
http://www.huffingtonpost.es/2013/09/29/protoindoeuropeo_n_4012787.html?utm_hp_ref=fb&src=sp&comm_ref=false
domingo, 29 de setembro de 2013
Lecturas optativas
Coido
que hai para todos os gustos. Habedes topar máis dun libro que vos guste, seguro!. En negriña, os que deberiades ler nalgún momento:
1.
Alcalá, Xavier: A nosa cinza.
Galaxia
2.
Aleixandre,
Marilar: A compañía clandestina da contrapublicidade, Xerais
3.
Alonso, Fran: Ninguén. Xerais
4.
Ameixeiras, Diego: Todo OK. Xerais.
5.
Amis, Martin: A casa dos encontros.
Galaxia
6.
Aneiros, Rosa: Resistencia. Xerais
7.
Atxaga,
Bernardo: Obabakoak. Faktoría K
8.
Auster, Paul: Mr. Vértigo.
Sotelo Blanco
9.
Auster, Paul: Un
home na escuridade, Galaxia
10. Autores, varios: Longa
lingua, Xerais
11. Balzac, Honoré de: O tío Goriot. Galaxia
12. Baricco, Alessandro: Seda.
Editorial Rinoceronte
13. Blanco Amor, Eduardo: A esmorga. Galaxia
14. Bradbury, Ray: Crónicas marcianas. Xerais
15. Bukowski, Charles: Servizo
de correos, Editorial Hugin e Munin
16. Caamaño, Begoña: Morgana en
Esmelle. Galaxia
17. Calveiro, Marcos: Settecento.
Xerais
18.
Camus: O estranxeiro.
Edicións do Cumio
19. Casares, Carlos: O sol do verán, Galaxia
20. Castelao: Os vellos non deben de
namorarse. Galaxia
21. Claudel, Philippe: A
neta do señor Linh, Rinoceronte
22. Coetzee, J. M.: Deshonra.
Editorial Rinoceronte
23. Couceiro e outros: Tics, Baía
Edicións
24. Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia. Galaxia
25. Dávila, Berta: Raíz da fenda.
Xerais
26. De Castro, Rosalía: Follas Novas.
Galaxia
27. De Luca, Erri: Montedidio.
Editorial Rinoceronte
28. De Toro, Suso: Calzados Lola.
Xerais
29. Dorfman, Ariel e Joaquín: A cidade en chamas. Xerais
30. Eisner, Will: Contrato con Deus.
Editorial Rinoceronte
31.
Elorriaga, Unai: Un tranvía cara a SP. Galaxia
32. Fariña, Goretti: Orlando
pendurado. Editorial Xerais
33. Feijoo, Pedro: Os fillos do mar.
Xerais
34. Fernández Paz, Agustín: Non hai
noite tan longa. Xerais
35. Fernández, M. A.: Lume
de cobiza, Galaxia
36. Ferrandino, Giuseppe: Pericle
o negro, Rinoceronte
37. Ferreiro, Celso Emilio: Longa
noite de pedra. Xerais
38. Ferrín, Méndez: O crepúsculo e as formigas. Xerais
39. Flaubert, Gustave: Madame Bovary. Galaxia
40. Freixanes, Víctor: O cabalo de
ouros. Galaxia
41. García Campos, Iván: O imposible
de desatar. Galaxia
42. García López, Xosé Manuel: Pegadas
nun labirinto baleiro. Baía
43. Gómez Pato, Raúl: Choiva, vapor e velocidade, Positivas
44. Gómez, Lupe: Fisteus
era un mundo, A Nosa Terra
45. Gómez, Lupe: Pornografía.
Positivas
46. Huston, Nancy: Marcas de
nacemento. Editorial Rinoceronte
47. Huxley, Aldous: Un feliz mundo novo. Xerais
48. Kafka: A metamorfose / O proceso. Sotelo Blanco
49. Lema, Alberto: Da máquina.
Galaxia
50. López Rodríguez, Xavier: Destrución. Xerais
51. Lopo, Antón: Obediencia.
Galaxia
52. Lopo, Santiago: Hora Zulú.
Galaxia
53. Malvar, Aníbal C.: Unha noite con Carla. Xerais.
54. Mayoral, Marina: O anxo de Eva.
Xerais.
55. McCarthy, Cormac: A estrada. Faktoría K
56. Méndez, Fernando: Deus xogando
aos dados. Sotelo Blanco
57. Moreda, Eva: A
Veiga é como un tempo distinto, Xerais
58. Moure, Teresa: Herba moura / Unha primavera para Aldara. Xerais
59. Murado, Miguel Anxo: Ruído.
Relatos de guerra / Fin de século en
Palestina. Galaxia
60. Negro, Carlos: Far-west, Xerais
61. Neira Vilas: Querido
Tomás, Ediciós do Castro
62.
Núñez Singala, X. M.: Mar de fondo. Galaxia
63. O’Farrell, Maggie: A desaparición
de Esme Lennox. Galaxia
64. Orwell, George: 1984.
Faktoría K
65. Otero Pedrayo: O Fidalgo e outros relatos. Galaxia
66. Paasilinna, Arto: O
muiñeiro ouveador. Rinoceronte
67. Pavese, Cesare: Oficio de vivir. Galaxia
68. Pazó, Cándido: A piragua.
Laiovento
69. Pereiro, Lois: Poesía última de
amor e enfermidade. Positivas.
70. Pérez Rei, Mariña: Contrapicados.
Sotelo Blanco
71. Pernas, Gustavo: Comedias paranoicas:
Fábula, Xerais.
72. Piñón, Nélida: A casa da paixón. Galaxia
73. Portas, Manuel: Faneca Brava.
Xerais.
74. Prado, Miguelanxo: Ardalén.
El Patito Editorial
75. Pratt, Hugo: Corto Maltés. Balada do mar salgado. Galaxia
76. Puentes, Hixinio: Winnipeg.
Xerais
77. Pullman, Philip: A aurora boreal. Faktoría K
78. Queipo, Xavier: Malaria sentimental, Sotelo Blanco
79. Queizán, Mª Xosé: Amor de tango . Xerais
80. Redondo, Dolores: O gardián
invisible. Xerais
81. Rei Núñez, Luís: O señor Lugrís e a negra sombra. Xerais
82. Reigosa, Carlos G.: A vitoria do
perdedor. Xerais
83. Reimóndez, María: O club da calceta. Xerais
84. Reixa, Antón: Látego de algas, Espiral Maior
85. Risco, Vicente: O porco de pé. Galaxia
86. Rivas, Manuel: As
voces baixas, Xerais
87. Rivas, Manuel: Todo
é silencio, Xerais
88. Riveiro Coello: As rulas de Bakunin. Galaxia
89. Ruibal, Rubén: Limpeza de sangue, Xerais.
90. Salgueiro, Roberto: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, Xerais
91. Salinger: O vixía no centeo. Xerais
92. Sacco, Joe. Palestina.
Editorial Rinoceronte
93. Satrapi, Marjane: Persépole.
Editorial Rinoceronte
94. Scpenavic, Branimir: A boca chea
de terra. Rinoceronte
95. Schmitt, Eric-Emmanuel: O señor Ibrahim e as flores do Corán. Faktoría K
96. Shakespeare, William: Otelo. Macbeth. Galaxia
97. Shelley, Mary: Frankenstein ou o
moderno prometeo. Galaxia
98. Smith, Zadie: Da beleza. Galaxia
99. Spiegelman, Art: Maus.
Inrevés Ediciones
100.
Stein, Gertrude: Tres vidas.
Galaxia
101.
Steinbeck, John: De ratos e homes. Galaxia
102.
Suárez Abel, Miguel: Nunca te vin chorar. Galaxia
103.
Süskind, Patrick: O perfume.
Sotelo Blanco
104.
Tabucchi, Antonio: Tristano
morre / Afirma Pereira. Galaxia
105.
Taylor, Kressmann: Enderezo
descoñecido. Xerais
106.
Thompson, Jim: Os caloteiros. Rinoceronte
107.
Tolkien: O señor dos aneis.
Xerais
108.
Toro, Suso de: Land Rover / Non volvas, Xerais
109.
Twain, Mark: O forasteiro
misterioso. Editorial Hugin e Munin
110.
Valenzuela, Ramón de: Non
agardei por ninguén. Xerais
111.
Vidal Bolaño, Roberto: A ópera de a patacón, Xerais
112.
Vidal Bolaño, Roberto: Cochos,
Sotelo Blanco.
113.
Vidal Bolaño, Roberto: Rastros,
Edicións Positivas.
114.
Villar, Domingo: Ollos de auga / A praia dos afogados.
Galaxia
115.
Waters, Sarah: A Rolda Nocturna. Galaxia
116.
Wollstonecraft, Mary: Maria. Editorial Hugin e Munin
117.
Woolf, Virginia: As ondas.
Galaxia
118.
Zúñiga, Iolanda: Vidas post-it. Xerais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

