Cultismos, semicultismos e palabras patrimoniais. As familias léxicas irregulares
As palabras que sufriron todos os cambios fonéticos que se produciron no latín vulgar ata converterse en galego chámanse palabras patrimoniais. As palabras patrimoniais son as máis antigas e sufriron ao longo do tempo un maior desgaste, polo que a súa forma presenta notables diferenzas con respecto á palabra latina da que proceden (étimo).
Pero a lingua está constantemente renovándose e incorporando novas palabras que fagan fronte ás novas necesidades que van xurdindo. As linguas romances, e en xeral todas as linguas europeas, acudiron ao latín para ampliar o seu léxico a medida que estas linguas se foron utilizando para a actividade intelectual e administrativa que antes era exclusiva do latín. Estas palabras tomadas do latín máis tardiamente e utilizadas en ámbitos moi conservadores e cultos apenas cambiaron formalmente con respecto ao étimo latino: chámanse cultismos.
Algunhas palabras están a medio camiño, é dicir, foron incorporadas tardiamente, usadas en ámbitos intermedios (non demasiado cultos) e víronse afectadas parcialmente polo proceso de evolución do latín ao galego: estamos a falar das palabras semicultas.
Non é raro que dun mesmo étimo latino teñamos hoxe na lingua palabras que evolucionaron totalmente (patrimoniais), palabras que o fixeron só parcialmente (semicultas) e palabras que se manteñen practicamente idénticas á forma da que proceden (cultas): a estas familias de palabras chamámoslles familias léxicas irregulares.
Ex.: persoa, persoal, personaxe, personalizar
dor, doente, doenza, doloroso, indoloro
chave, caravilla, clavícula
artello, artigo, artículo
crego, clerical
TECNICISMOS
Termos específicos das ciencias, das artes, da técnica... que poden formarse
-incorpornado palabras gregas ou latinas
- creando novas palabras con elementos gregos ou latinos
SIGNIFICADOACTUAL:
úsase para designar a alguén que se sae do normal no seu quefacer ou no
seu xeito de pensar. Adoita dicirse de persoas ou cousas difíciles de
atopar.
ORIXE: abreviación de rara avis in terra
“ave extraña na terra”. Trátase do inicio dun verso de Xuvenal, no que
se compara unha muller fiel cun cisne negro, ave moi difícil de atopar.
2.- “RIP”.
SIGNIFICADOACTUAL: aparece en inscricións funerarias co significado de “descanse en paz”.
ORIXE: acrónimo da expresión latina Requiescat In Pace.
3.- “tabula rasa”.
SIGNIFICADOACTUAL: facer tabula rasa significa deixar as cousas como estaban antes. En galego equivale á expresión “facer borrón e conta nova”.
ORIXE:
os romanos utilizaban para escribir taboíñas recubertas de cera e un
punzón. Coa parte de atrás do punzón podían rasar a taboíña de modo que
se puidera escribir de novo sen deixar marcas do anterior.
4.- “verbi gratia”.
SIGNIFICADOACTUAL: locución latina que se usa como expresión culta co significado de “exemplo”, “por exemplo”. Pode abreviarse v.gr. ou v.g.
ORIXE: dende o punto de vista morfolóxico temos unha palabra formada polo xenitivo de verbum “palabra” máis o ablativo gratia “pola graza de”.
5.- “horror vacui”.
SIGNIFICADOACTUAL:
literalmente significa “medo ao baleiro”. Emprégase no campo da arte
para referirse á tendencia a encher todos os espazos de elementos
decorativos.
Cada lingua ou idioma dos que hoxe se falan no
mundo é a particular concreción que un grupo de seres humanos realiza da súa
capacidade para comunicarse verbalmente. Unha lingua non é cousa de unha
persoa, é cousa dunha sociedade humana. Unha lingua non é froito dunha
improvisación dun momento, é resultado do asentamento e aceptación colectiva
dunha maneira de expresarse con palabras, capaz de transmitir as experiencias
individuais e e as comúns, as presentes, as pasadas e, mesmo,capaz de anticipar
as futuras.
No noso caso, esa comunidade humana capaz de darlle forma a unha particular maneira de
expresarse lingüísticamente existe desde hai moito tempo.
Canto?
Iso xa é máis
difícil de determinar, entre outras cousas porque estamos falando de
comunidades prehistóricas que non deixaron testemuños escritos. O que sabemos
deles coñecémolo polos restos arqueolóxicos e polo que nos contaron os romanos:
eran guerreiros, coñecían as técnicas metalúrxicas, non cultivaban os típicos
produtos mediterráneos como o aceite ou o trigo...
Castro de Viladonga
O que
si é certo é que desde que foi invadido e colonizado polos romanos, o territorio
Noroccidental da Península Ibérica, que chamaron Gallaecia, e o latín vulgar
empezou a ser coñecido e asimilado pola poboación autóctona, ese latín empezou
a cambiar dun xeito especial e diferente ao latín que se falaba noutras partes
do inmenso Imperio Romano. Nalgúns destes territorios do imperio, entre os que
se encontra a Gallaecia, o latín vulgar conseguiu impoñerse ás linguas
autóctonas e iniciou un intenso proceso de evolución que daría lugar ás linguas
románicas. Por iso podemos afirmar que “a historia da lingua galega que hoxe
falamos comeza no tempo en que os colonizadores romanos trouxeron o idioma
latino ata o NO ibérico” (Mariño Paz, R. 1998: 17).
O Imperio Romano e os territorios que foi
anexionando en diferentes datas
A Gallaecia romana dividíase en tres zonas administrativas: conventus
lucensis, conventus asturicensis e conventus bracarensis, que conservan aínda moitas
peculiaridades culturais e lingüísticas
As linguas nacen por evolución
a partir doutras que se falaron previamente nun territorio. A historia
da lingua que falamos hoxe na Galiza comeza realmente cando os romanos
conquistaron a Península Ibérica e impuxeron a lingua latina sobre as linguas
autóctonas. Unha vez traído o latín ao noroeste da Península, os pobos que
habitaban estas terras iniciaron un proceso de asimilación cultural que
culminou na substitución das súas linguas pola lingua latina. A partir da caída
do Imperio Romano o proceso de evolución do latín conduciu á aparición de
diferentes “romances” entre os que se encontraba o galego.
O galego é unha lingua románica pertencente á familia indoeuropea.
Denominamos familia lingüística indoeuropea aquela que procede dos pobos
indoeuropeos que habitaron as rexións do centro e do leste da Europa entre
finais do Neolítico e os inicios da Idade do Bronce (3000-2000 a. C.).
A comezos do século XIX os alemáns Franz Bopp (1791-1867) e Jacob
Grimm (1785-1863) e o danés Rasmus Rask (1787-1832) iniciaron os estudos de
lingüística comparada e corroboraron o parentesco de varios grupos de linguas
cunha suposta lingua indoeuropea orixinaria. Non se conserva ningún escrito
nese idioma, polo que a súa existencia foi reconstruída a través do estudo
comparativo das linguas del derivadas. Franz Bopp, influído polos recursos e os
procedementos empregados para o estudo das Ciencias Naturais, baseados en
métodos comparativos, comparou o sánscrito, o grego, o latín, o persa e o xermánico.
Fixándose en similitudes léxicas e morfolóxicas e sintácticas determinou a
existencia dunha lingua antiga común denominada primeiro indoxermánico e
despois indoeuropeo.
O sistema galego-portugués é, por tanto, unha lingua romance que
está emparentada co francés, o catalán, o italiano, o castelán... e, a través
do latín do que deriva, mantén unha relación de parentesco co grego, o albanés,
as linguas célticas, as eslavas, as bálticas e as xermánicas, entre outras.
PERÍODO PRERROMANO
Todo comezou cando o exército romano desembarcou na cidade grega
de Emporion no ano 218 antes de Cristo (Έμπόριον / Empúries, situada na actual
provincia de Girona, Catalunya; “emporion” significa “emporio, mercado, porto
comercial”). A política expansiva e imperialista de Roma converteuna nunha das
primeiras potencias económicas, políticas e militares do Mediterráneo a
mediados do século III a. C. A expansión romana orixinou unha serie de guerras
cos cartaxineses, que habitaban o norte da África. Por este motivo os Escipións
atacaron a Aníbal, gobernador cartaxinés da Hispania, e ocuparon diferentes
puntos da costa mediterránea (Sagunto, 215 a. C. / Cartaxena, 208 a. C. / Cádiz, 206 a. C.). Rematada esta
segunda guerra púnica coa vitoria de Roma, os romanos decidiron permanecer na
Península debido á súa riqueza agrícola e mineral.
Pero, que pobos e que linguas atoparon os romanos na Península?
En primeiro lugar hai que sinalar que non encontraron un único
pobo nin unha única lingua e que a realidade lingüística exacta daquela época
resúltanos difícil de coñecer, porque aqueles pobos non escribían as súas
linguas e só chegaron a nós algúns fragmentos en inscricións de época romana.
A ROMANIZACIÓN
A colonización romana e a latinización da Gallaecia e da Hispania
tiveron lugar ao longo de varios séculos. O concepto de romanización defínese
como o proceso de asimilación e incorporación á lingua e á cultura latinas dos
pobos conquistados polos romanos. Alén da lingua, hoxe temos herdanzas romanas
noutros campos, como o dereito e a relixión.
No actual territorio galego os romanos encontraron pobos (latín populi)
que non tiñan unha lingua común nin estaban organizados nin cohesionados
politicamente. A nacionalidade de cada individuo expresábase por medio dunha
dobre referencia:
–A referencia a un grupo grande, que os romanos
denominaron populus.
–A referencia a un grupo máis pequeno, que os
romanos denominaron castellum.
Así por exemplo, un individuo definido polos romanos en latín como
Limicus ex castello Talabriga sería un “límico do castro de Talabriga”.
A conquista e romanización da Gallaecia levárona a cabo en tres
etapas:
–Expedición de Décimo Xunio Bruto (137 a. C.): durante a guerra
contra os lusitanos este cónsul romano derrota os Callaici ao norte do río
Douro. D. X. Bruto penetra na Galiza atravesando o río Limia (identificado
polos romanos co mítico río Lethes, “o río do esquecemento”), ocupa varios
lugares habitados (Lambrica) e baixa pola costa. Foi unha expedición militar
punitiva que non pretendía o asentamento definitivo dos romanos.
–Expedición de Xulio César (61 a. C.): tras a expedición
de D. X. Bruto as sublevacións foron continuadas polo que os romanos
proxectaron, varias décadas máis tarde, o sometemento deses pobos, así como a
explotación dos recursos naturais (ex. o ouro). A expedición militar de César
levouno por mar ata Brigantium (Betanzos), pero non conseguiu someter totalmente
os pobos da Gallaecia.
–Expedición do emperador Octavio Augusto (29-19 a. C.): para someter
definitivamente as tribos galaicas, astures e cántabras, que se rebelaban
continuamente contra o poder de Roma, Augusto dirixiu varias operacións
militares que culminaron na conquista e no sometemento dos pobos prerromanos
desde a Galiza ata Euskadi.
A imposición do latín non foi automática, senón que houbo un longo
período de bilingüismo e diglosia durante o cal o idioma dos romanos actuaba
como lingua da cultura e do poder (lingua A) e as linguas prerromanas como
linguas coloquiais (linguas B). Estas linguas sobreviviron probabelmente,
nalgúns lugares ata o século V d. C.Para comprendermos este proceso de substitución lingüística cómpre
termos en conta a superioridade cultural dos romanos. O latín, único idioma
oficial do Imperio, era unha lingua escrita que tiña unha ortografía
establecida. Ensinábase nas escolas á minoría culta e difundiuna o cristianismo,
que a adoptou como lingua de divulgación dos seus mitos e das súas celebracións
litúrxicas. Alén disto, contribuíu ao triunfo da lingua latina o asentamento de
colonos, os matrimonios mixtos, a incorporación ao exército, a obtención da
cidadanía romana, etc. Os factores máis importantes son:
- O establecemento dunha estrutura administrativa moi eficiente que comeza coa división do territorio "gallaeco" en tres "conventus". Todos os actos formais deben realizarse en latín.
- O asentamento de colonos romanos no territorio que favorecía matrimonios mixtos
- A convivencia dentro do exército romano de moitos escravos de orexes diversas: o latín era a lingua na que se entendían
- A construción de vías de comunicación para realizar viaxes co imperio
- As explotacións mineiras onde traballaban escravos de diferente orixe.
- O monopolio do cultivo escrito no ámbito cultural, académico e formativo.
- A paulatina cristianización a partir do século IV.
Os romanos que conquistaron a Gallaecia penetraron no seu
territorio polo sur, procedentes da Baetica e da Lusitania, provincias nas
cales se falaba un latín purista e arcaizante. O avance da romanización
trasladou estas características ata o norte, onde a distancia e a periferia
respecto do centro do Imperio unidas ás difíciles comunicacións e transportes
da época, fixeron que no occidente peninsular se mantivese un latín moi
conservador que non adoptaba as innovacións lingüísticas e os neoloxismos que
triunfaron noutras áreas da Romania.
2.2.
Substrato e superestrato
2.2.1.
Substrato
Chamámoslles
substratos ás linguas dos habitantes da Gallaecia prerromana. A elas
superpúxose o latín vulgar e acabaron desaparecendo, deixando nel a súa pegada.
A
substitución das linguas prerromanas polo latín vulgar non foi inmediata. Temos
que pensar nun longo período de convivencia entre as variedades autóctonas e a
lingua dos romanos que favorecese a influencia, interferencia e hibridación de
moitas formas lingüísticas.
É moi
posible que os hábitos articulatorios dos falantes das linguas autóctonas
influísen nos cambios fonéticos que se foron producindo no latín galaico, pero
iso é imposible de comprobar. O único nivel lingüístico no que é relativamente
fácil determinar a influencia destas linguas no latín é o léxico: perviven
moitas palabras no galego actual, comúns ás linguas ibéricas ou exclusivas do
galego e portugués, que non existen nas demais linguas románicas. A maior parte
deste léxico son substantivos que designan realidades concretas e
características do contorno: o relevo xeográfico, as plantas, os animais, as
construcións domésticas... A presenza de elementos prerromanos é especialmente
abundante na toponimia, tanto por conservar o nome orixinal nos asentamentos
existentes antes da romanización como por adoptar, no caso das novas
fundacións, o nome común con que se designaba na lingua autóctona.
Distínguense
diferentes substratos correspondentes a pobos que foron asentándose na
Gallaecia ao longo de sucesivas etapas históricas:
·Substrato preindoeuropeo: (moi antigo, localizado na Idade de Pedra e ata o 3º
milenio a. C.: cosco, mata, queiroga, carqueixa, carrapucho, carrasca,
balsa, carambelo, meda, coto, amorodo, arando, gándara, etc.)
Cronoloxicamente situados na Idade de Pedra (antes do terceiro
milenio a. C.), están formados pola influencia de diversas linguas de pobos que
ocuparon o territorio e conviviron mesturados entre si. Podemos facer tres
grandes grupos:
§Euroafricano ou mediterráneo: palabras que teñen
equivalente nunha área que vai desde a Galiza ata o norte da África e sitúase
cronoloxicamente a finais do Paleolítico Superior (arredor do 10.000 a. C.).
Atribúenselle palabras como: mata, quiroga e a raíz carr- (carrasco,
carqueixa...).
§Hipano-caucásico: palabras que se estenden desde
o Atlántico ao Cáucaso, traídas por pobos emparentados cos protovascos no
terceiro milenio a. C. Son exemplos atribuídos a este substrato palabras como:
coto, sobaco e morango.
§Tirrénico: cronoloxicamente posterior aos
anteriores, está formado por voces comúns aos países da ribeira do Mediterráneo.
Entre as formas atribuídas a este substrato están: balsa, barro, cama, veiga e
esquerdo.
De todos estes pobos só chegou ata nós o nome de Oestrymnios,
denominación baixo a cal os navegantes gregos, cartaxineses ou tartésicos
asimilaron o conxunto de pobos que habitaba o noroeste da Península cos que
mantiveron contactos (século VI a. C.). Así aparece no poema latino Ora
Maritima de Rufo Festo Avieno (século IV d. C.).
·Substrato indoeuropeo: (arredor do 800 a. d. C: cabana, páramo, galego (e todo
o que leve o sufixo –ego), berce, billa, brizo, buraco, lama, lousa, bidueiro,
camba, canga, cheda, croio, goro, greña, maniño, tona, virar, laxe, beizo,terco,
tranca, etc.)
§Preceltas, paraceltas, protoceltas: procedían do
centro e do norte da Europa e a súa presenza está datada cara o ano 800 a. C. Trátase de pobos
indoeuropeos ou moi indoeuropeizados. Atribúense a este substrato palabras
como: cabana, cabazo e o sufixo –asc-/-usc- en topónimos como Ledusco, Beasque,
Viascón e Tarascón.
§Celtas: desprazados da Europa central pola
presión dos romanos, dirixíronse ao occidente chegando algúns grupos á
Península Ibérica en vagas sucesivas. Na primeira chegaron celtas goidélicos
(séc. VIII a. C.) e na segunda celtas britónicos (séc. V a. C.). Os celtas
superpóñense a unha poboación autóctona á que asimilan. Estes foron os pobos
que encontraron os romanos durante a conquista. Primeiro incluíronos dentro dos
Lusitanos, pero máis tarde denomináronos Calaicos (latín Callaici), e
diferenciábanos dos Astures e dos Cántabros. Do nome dese pobo derivouse o do
territorio, bautizado como Gallaecia. Entre as palabras atribuídas ao
substrato celta que se difundiron polo Imperio podemos citar: braga, carro,
camisa, cabalo e camiño. Outras foron tomadas directamente do celta no noso
territorio: billa, berce, laxe, centola e rodaballo, entre outras moitas. Tamén
hai celtismos de entrada recente: dolmen, bardo ou druída.
Na toponimia son abundantes as voces de orixe céltica:
topónimos acabados en –bre (equiparable a –briga, “fortaleza”) como Barallobre,
Callobre, Illobre...; hidrónimos como Deva, Limia, Sar, Sarela, Támega...;
topónimos como Coruña, Braga...
Tamén é celta o sufixo derivativo de formación de
xentilicios –aiko, que se uniu a nomes de lugar para convertelos en adxectivos:
CALLAICO > galego.
2.2.2.
Superestrato
As
linguas dos pobos que se estableceron ou exerceron unha influencia no latín
vulgar galaico despois da caída do Imperio Romano constitúen o superestrato.
Son fundamentalmente dous: o xermánico e o árabe.
Superestrato xermánico: son os restos das linguas dos pobos
xermánicos que se estableceron no territorio da Gallaecia cando o Imperio
Romano sufría unha gran decadencia. De feito, o primeiro reino xermánico
establecido no imperio foi o dos suevos na parte sur do que hoxe é Galicia
e no norte de Portugal a principios do s. V. Este reino foi absorbido polo
dos visigodos século e medio despois. A consecuencia principal das
invasións xermánicas foi a de acentuar as diferenzas que xa había entre os
distintos dialectos latinos e acelerar o proceso de evolución que daría
lugar ás diferentes linguas romances. Consérvanse restos de superestrato
xermánico no léxico común relacionadas co estilo de vida deste pobo (roupa,
adobar, frecha, guerra, orgullo, galardón, rico, pantalón),
pero, sobre todo, na antroponimia (Fernando, Alberte, Luís, Ramiro,
Elvira, Gonzalo) e na toponimia (Mondariz,
Allariz, Guitiriz, Sande, Castromil, Boimil, Gomesende, Abegondo...).
Superestrato árabe: A invasión musulmana produciuse no ano 711. A batalla de
Guadalete, coa vitoria por sorpresa dos africanos, supuxo o fin do reino
visigótico e o inicio dunha nova configuración política da Península
Ibérica, que foi prácticamente ocupada na súa totalidade en poucos anos
polos musulmáns. Galicia (denominada polos invasores musulmáns Jalîkîya) é
o único territorio que se mantén á marxe da invasión. A influencia directa
do árabe no galego é reducida (palabras como argola, albarda, alforxa,
aceite, laranxa, arroba, quintal, maquía, acea, albeite, a
expresión de balde), pero os
arabismos chegáronnos constantemente a través do castelán en cantidade
importante en séculos posteriores.
No
século VIII xa podemos falar de linguas romances ben diferenciadas faladas de
maneira común por toda a poboación dos territorios romanizados e, aínda que
nesta época segue a escribirse en latín, é moi común que nos textos se vaian
coando termos en romance (meio, vila, rego, couto) que nos deixan ver que xa, nin sequera os que sabían
escribir en latín o falaban de maneira habitual e moito menos podían escribilo
correctamente.
2.2.2. Adstrato
Recíproca influencia entre linguas convivintes.
2.3.
Principais evolucións fonéticas do latín ao galego.
Algúns
dos cambios fonéticos máis importante que se produciron na evolución do latín
vulgar cara ao galego son os seguintes:
Evolución do PL- inicial latino: PLUVIAM >
chuvia
Evolución do CL- inicial latino: CLAVEM >
chave
Evolución do FL- inicial latino: FLAMMA >
chama
Desaparición de -N- e -L- latinos entre vogais: LUNAM >
lúa; CAELUM > ceo
Simplificación das consoantes dobres latinas –NN- e
–LL-: CANNAM > cana; PELLAM >
pela
Evolución do grupo consonántico latino –CT-: NOCTEM
>
noite
O elemento fundamental na formación da lingua galega é o latín traído ao Occidente daPenínsula Ibérica polos soldados e colonizadores romanos. A este hai que sumarlle os aportes daslinguas faladas antes neste territorio pola poboación autóctona, as chamadas linguas de substrato, etamén elementos doutras linguas posteriores ao latín, as linguas de superestrato. Respecto aos pobos prerromanos apenas sabemos que tiñan unha cultura castrexa ecarecían de unidade lingüística. O seu léxico é incorporado polo latín e refírese tanto a palabrascomúns (barro, veiga, cabana,...) como topónimos (Tarascón, Coruña, Barallobre,...), pertencentesalgúns a linguas indoeuropeas e outros a linguas preindoeuropeas. Entre os restos da compoñenteindoeuropea destaca o aporte da lingua céltica, á que se lle teñen atribuído, ademais de léxicocomún (camisa, carro, camiño,...), algunhas das evolucións do latín falado polos pobosprerromanos, que co tempo se convertería na lingua galega (grupo latino -CT- > -it-: nocte > noite;sonorización das consoantes oclusivas xordas -P-, -T-, -C- > -b-, -d-, -g-: lupu> lobo, metu> medo,lege> lei; perda do -N-: luna> lúa). Coa chegada dos exércitos romanos á Península Ibérica e despois de varias expedicións,estes conquistan o actual territorio de Galicia. Tras a conquista, agás casos de imposición violenta,produciuse unha convivencia entre os galaicos e os romanos, iniciándose así a asimilación culturale lingüística da poboación autóctona. Este proceso foi lento e poderiamos establecer tres etapas: 1ª: o latín é a lingua dos conquistadores e da nova estrutura política e administrativa 2ª: asimilación da lingua latina polas novas xeracións, así como os cultos relixiosos e a onomástica 3ª: xeneralización do latín e a cultura romana que, iniciada polas elites locais e seguida polo resto dapoboación, sería máis rápida e completa nas cidades e nos núcleos de poboación máis importantes. Aínda así, os galaicos conservaron elementos propios da súa cultura, hábitos lingüísticos, léxico etopónimos das linguas que falaban antes. Na xeneralización do latín, xunto coa vida militar, o comercio e a administración, a difusióndo cristianismo foi un factor importante que contribuíu a que no século V o proceso deromanización xa estivera completado. A comezos do século V chegan os suevos ao actual territorio galego. Pero este poboxermánico non deixou moitas pegadas na nosa lingua, limitándose o seu aporte a nomes de lugar(Mondariz, Samil, Baltar,...),de persoa (Rodrigo, Gonzalo, Alberte, Elvira,...) e léxico común(gañar, tregua, dardo,...) que se difundiu a través do latín ou posteriormente na época medieval apartir das linguas francesa e occitana (frecha, orgullo, guerra,...). As causas débense, entre outras,ao seu escaso número, ao seu dominio militar pero non cultural e a estar relativamente romanizados. Máis que polo que nos deixaron, a importancia lingüística dos xermanos está en queprovocaron unha depresión cultural e un debilitamento nas comunicacións entre as distintasrexións do Imperio, o que deu lugar a que o latín tivese unha evolución autónoma nos diferentesterritorios. Posteriormente temos presenza árabe no territorio galego, pero é breve e pouco intensa,polo que a pegada cultural e lingüística é moi escasa. A maior parte dos elementos árabes entraronno galego a través doutras linguas (castelán, portugués, francés, italiano) e en distintas épocas. Hoxe consérvanse algúns topónimos (Sada, Rábade, A Mezquita,...) e palabras comúns (alcalde, cenoria,aceite, albanel,...).A invasión árabe, se ben lingüisticamente só influíu en determinados aspectos do léxico e da toponimia, tivo un efecto fundamental na formación das linguas peninsulares coas súaspeculiaridades rexionais e rasgos diferenciadores. Así pois, podemos datar a existencia da lingua galega entre o século VIII e o século XII,resultado da autónoma evolución do latín falado no Noroeste peninsular cos aportes de substrato(poboación autóctona) e de superestrato (xermanos e árabes).