Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Idade Media. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Idade Media. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de novembro de 2021

Comentario dunha cantiga de amor

 Déixovos un comentario de mostra. A cantiga que imos analizar é a seguinte:

Se eu podesse desamar
a quem me sempre desamou
e podess'algum mal buscar
a quem me sempre mal buscou!
Assi me vingaria eu,
       se eu pudesse coita dar
       a quem me sempre coita deu.

Mais sol nom poss'eu enganar
meu coraçom que m'enganou,
per quanto mi fez desejar
a quem me nunca desejou.
E por esto nom dórmio eu,
       porque nom poss'eu coita dar
       a quem me sempre coita deu.

Mais rog'a Deus que desampar
a quem m'assi desamparou,
ou que podess'eu destorvar
a quem me sempre destorvou.
E logo dormiria eu,
       se eu podesse coita dar
       a quem me sempre coita deu.

Vel que ousass'en preguntar
a quem me nunca preguntou,
por que me fez em si cuidar,
pois ela nunca em mi cuidou;
e por esto lazeiro eu:
       porque nom posso coita dar
       a quem me sempre coita deu.











 



























Estamos ante unha cantiga de amor porque a voz poéitca é a dun home que fala dos seus sentimentos amorosos por unha dona, que aparecerá baixo o pronome “ela” (contrariamente ao esperado non temos en toda a cantiga a palabra “senhor” tan característica); o que si temos en cambio nesta cantiga, e que nos axudará a identificala no seu xénero, será a palabra “coita”, que se repetirá abondamente no refrán. Por outra parte, podemos xa estimar que precisamente a ausencia da palabra “senhor” (a que cabía esperar) responde a un desexo do trobador de distanciamento da dona. Porén, aínda así, o tema tratado na cantiga lévanos a afirmar que se trata dunha cantiga de amor: o sentimento amoroso expresado polo poeta, o distanciamento da dona, o sentimento de pena e dor producido por este amor, son claves significativas para poder manter a afirmación de que se trata dunha cantiga de amor.

Trátase dunha cantiga monologada na que o trobador fai unha confesión íntima dos seus sentimentos e da súa coita de amor. A través dunha serie de expresións antitéticas vai contrastando os seus propios sentimentos coa actitude e comportamento da dama. Mentres o poeta confesa o seu amor pola dona, sabemos, a través das súas propias palabras, que a dona xamais mantivo a actitude que el esperaba nin cedeu nunca ás súas pretensións; esta situación leva ao poeta a desexar unha certa vinganza polo desprezo da muller. Presenta por tanto un dobre xogo caracterizado formalmente coa presenza do mozdobre. Semanticamente e ideoloxicamente a cantiga está imbuída da antítese: un nó esencial está na diferenza de comportamentos entre o home e a muller.

O tema central da cantiga é pois o desexo do poeta, desolado polo desprezo e o desinterese da dona, de que ela chegue a sentir a mesma desesperación e frustración que el sente, a mesma coita amorosa que el sofre.

Xa na primeira cobra anúnciasenos o leitmotiv da cantiga, que vai ter un desenvolvemento nas cobras seguintes: o desexo de esquecer, de desamar, e mesmo de vingarse da súa dona que nunca amosou interese por el. O trobador desexa que a mesma coita de amor, o mesmo sufrimento que el sente, que o experimente a súa amada.

Na segunda cobra hai unha clara constatación, non só da coita de amor, senón da imposibilidade de superala, porque o seu corazón segue desexando á dona.

Na terceira cobra, o poeta recorre a Deus como único medio de saída desa situación.

Na cuarta cobra repite de novo o motivo inicial e contrasta o sentimento de interese, amor / desinterese, desamor  e incide no seu sufrimento.

Así pois, toda a primeira cobra recolle o desexo íntimo do poeta de esquecemento e vinganza (ou dunha certa vinganza, xa que o namorado xamais nos di que desapareceu a súa paixón) que se amplifica ao longo da cantiga. É, neste senso, unha das cantigas máis curiosas do cancioneiro, xa que a maioría das cantigas expresan simplemente a dor polo amor non correspondido, pero o desexo de vinganza é un tema pouco recorrente na nosa lírica medieval, o que fai desta cantiga, un exemplar “único” de cantiga de amor.



Dos SUBTEMAS fundamentais que aparecen nas cantigas de amor aparecen nesta cantiga tres deles:
-          O amor do poeta: o amor que o poeta expresa nas cantigas de amor é concibido como amor-servicio, amor-vasalaxe, o que conduce, a maioría dos casos, ao sufrimento do poeta polo distanciamento da dona e á imposibilidade dunha relación directa do poeta coa dona da que está namorado. Nesta cantiga a confesión do amor do trobador exprésase xa na primeira cobra dunha maneira indirecta: o poeta está namorado e gustaríalle que a situación cambiase. O mesmo sentimento amoroso é declarado polo poeta nos versos da segunda cobra.
-          Coita de amor: o sufrimento que lle supón o amor non correspondido está claramente expresado no refrán e nos últimos versos das cobras. A coita de amor é tan grande que non só lle impide durmir, senón que o conduce a concibir un sentimento de vinganza, a desexar que a dona sufra o mesmo que sofre el.
-          A reserva da dama: a actitude de distanciamento e de desinterese da dona exprésaa o mesmo poeta en contraste cos seus sentimentos. O trobador nun dobre xogo de versos antitéticos recolle os sentimentos de amor –do poeta- / desamor –da dona-. Estas antíteses, acentuadas pola presenza dos adverbios “sempre, nunca” postos en relación coa actitude da dona fronte a el, serven para poñer de manifesto moi claramente que o comportamento da dama non é só de reserva ou de prohibición, senón dun total distanciamento e desinterese polo amor que o poeta lle ofrece.

O cuarto subtema, a loanza da dama, non aparece expresada en ningún momento ao longo da cantiga.


Dende un punto de vista formal, volver a reiterar a significativa presenza dos mozdobres ao final de todos os versos, a existencia da “palabra-rima” eu no quinto verso de todas as cobras, os capdenais no inicio do 2º v. Da 1ª, 3ª e 4ª cobra, así como no 1º v. da 2ª e 3ª cobra.
Os versos miden 8 sílabas, co seguinte esquema rimático (rima macho):
a-b-a-b-c-A-C
ao longo de toda a composición, polo que son cobras unisonantes.
É unha cantiga de refrán, cun refrán un tanto especial xa que se alterna nas cobras, sendo igual o da 1ª e o da 3ª por un lado, e o da 2ª e a 4ª por outro.

martes, 9 de novembro de 2021

Comentario dunha cantiga de amigo

Como exemplo de comentario, déixovos unha análise desta cantiga:

Sedia-m'eu na ermida de San Simion,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei i barqueiro nen remador.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar;
non ei i barqueiro, nen sei remar.
...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei, fremosa, no mar maior.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei, fremosa, no alto mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!

Meendinho
(S. XIII)





Estamos ante unha cantiga de amigo porque está posta en boca dunha muller e porque aparece a palabra “amigo” (por primeira vez no refrán). Ademais, e aínda que non sempre se cumpra, aparece o típico paralelismo –que analizaremos despois-, e o refrán, o que a convirte nunha cantiga de refrán, típica tamén das cantigas de amigo.

            A moza conta como acudiu á illa de San Simón para encontrarse co amigo ante a súa ermida (lugar frecuente para a cita dos namorados); agardando feliz por el, non se percata de que a marea sobe, sumida como está nos seus propios pensamentos-sentimentos, e cando volve á realidade comproba que non pode saír de alí porque non hai ninguén que a axude, e ela por si soa non é quen de valerse. Nas dúas últimas cobras afirma, pois, que morrerá “fremosa”  no medio do mar; caben varias perspectivas para a interpretación desta aseveración:
- A moza peca de narcisista, pois considérase a si mesma dotada de grande beleza.
- A moza sábese demasiado nova para morrer.
- A última opción, e para nós a máis acertada, é que do que de verdade se lamenta a moza é de morrer virxe, de acudir a unha cita ilusionada,  nun lugar no que non hai ninguén, e que o mozo non chegue para amala.

Por suposto, a afirmación da súa propia morte é hiperbólica (figura retórica típica das cantigas medievais), pois todos sabemos que a morte é ficticia: a illa non vai desaparecer porque suba a marea. Así pois, esta hipérbole redúndanos na tese de que a cantiga o que quere expresar realmente é a soidade, o desamparo da moza abandoada pola persoa que ela máis ama: o amigo. E este desacougo reflíctese de maneira única no refrán, un refrán duplicado desesperadamente, unha tráxica chamda de impotencia, unha aflixida agonía que remata constante e vitalmente nunha pregunta retórica que supoñemons nin ela mesma quere contestar: “¿E verrá?”.  Nin o mar, nin as ondas, nin os ouvintes da cantiga, poderán respostar a esta chamada anguriada dunha moza namorada, unha dúbida corrosiva sobre os verdadeiros sentimentos do amado.

EN CANTO Á FORMA vemos que é unha cantiga de refrán (os dous últimos versos de cada cobra, neste caso, idénticos), que presenta paralelismo cada dúas cobras (o primeiro verso da primeira cobra co primeiro verso da segunda, o segundo verso da primeira cobra co segundo verso da segunda, e así sucesivamente), e leixaprén, convertendo o segundo verso de cada par de cobras en primeiro verso do par seguinte. O paralelismo presente fai cambiar o hemistiquio final por un sinónimo, ou utiliza a alteración na orde das palabras. Así pois, dunha cantiga de 24 versos, só 5 nos aportan realmente información.

O esquema rimático é o seguinte:

            A               B                 A                B                  A                B
            A               B                 A                B                  A                B
           
Como é habitual, o refrán non rima co resto da cantiga.

            A rima é macho ou aguda ao longo da cantiga, en cobras alternas.

            Os versos son de arte maior, aínda que nesta cantiga non se dá o isosilabismo, salvado pola musicalidade e a cadencia rítmica.

            Pola súa forma interna, diremos que estamos ante unha cantiga monologada, aínda que hai unha pequena presencia de elementos narrativos, como a alternancia verbal, que vai dende o pasado ata o futuro, establecendo así unha progresión na acción.


            EN CANTO AO SUBXÉNERO da cantiga, poderiámola incluír dentro das Barcarolas, xa que se desenvolve nunha paisaxe mariñeira (¡e tanto!), aínda que tamén aceptemos a clasificación de cantiga de Romaría, xa que o lugar elixido para o encontro dos namorados é unha ermida.

            NON aparecen personaxes, só a moza protagonista, suxeito lírico da cantiga, caracterizada fisicamente tan só polo adxectivo “fremosa” xa analizado anteriormente, e que manifesta o sentimento de coita tan propio das nosas cantigas.
 


A cantiga de amigo

sábado, 19 de outubro de 2013

Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;

Do voso libro, editorial Xerais, páxina 214. Cantiga de  Nuno Fernandes Torneol :


Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
todalas aves do mundo d' amor diziam:
                    leda m' and' eu.

Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;
todalas aves do mundo d' amor cantavam:
                    leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor diziam;
do meu amor e do voss' en ment' aviam:
                    leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor cantavam;
do meu amor e do voss' i enmentavam:
                     leda m' and' eu.

Do meu amor e do voss' en ment'aviam;
vós lhi tolhestes os ramos en que siiam:
                      leda m' and' eu.

Do meu amor e do voss' i enmentavam;
vos lhi tolhestes os ramos en que pousavan
                      leda m' and' eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que siiam
e lhis secastes as fontes en que beviam:
                     leda m' and' eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavam
e lhis secastes as fontes u se banhavam:
                      leda m' and' eu.


Estamos ante unha cantiga de amigo porque aparece a palabra "amigo" xa no primeiro verso da primeira cobra, porque está posta en boca dunha muller (sabémolo no refrán, co pronome "eu" e o adxectivo en feminino) e porque presenta os recursos formais propios deste tipo de cantigas, como son o paralelismo e o leixaprén; é ademais, unha cantiga de refrán, xa que o terceiro verso de cada cobra é idéntico, constituíndo o refrán.
Pode pertencer ao subxénero da alba ou alborada posto que a cantiga comeza coa petición ao namorado de que se erga á alba; ademais, neste momento de tempo é cando os namorados escoitan cantar de amor ás aves. Pero fáltanlle ingredientes propios como a recorrencia da palabra alba.

O suxeito lírico da cantiga e único personaxe é a moza namorada que sutilmente nos introduce na contraposición dos sentimentos do namorado grazas ao uso coidado cara a ela, que sinala a antítese do feliz tempo pasado versus triste tempo actual. Como personaxes, poderiamos falar nesta cantiga  dos elementos da natureza, que se amosan claves para entender a relación dos namorados: como a propia amiga, as aves cantan o amor dos namorados na primeira parte da cantiga, mentres que o namorado na segunda se encarga de rachar as pólas e secar as fontes onde os paxaros celebraban o seu amor; é dicir, a natureza, en plena comuñón coa namorada, canta leda cando o amor é compartido, e deixa de facelo (non ten pólas para pousarse nin fonte para beber) cando o amor deixa de ser mutuo. Non só iso, senón que os verbos da segunda parte da cantiga son modificadores da acción que se describían na primeira parte da cantiga.
A cantiga, pois, amósanos a ledicia do amor, da amada ou do amante, mesmo da natureza, nunha primeira parte que abrangue as catro primeiras cobras. Nesta catro primeiras cobras a moza conmina ao namorado para que se erga nas "mañás frías", o que nos suxire que veñen de durmir xuntos, é dicir, que si se produciu o encontro amoroso e a perda de virxindade da doncela (dobre moral da época: social/familia) e nos introduce na ledicia do amor compartido, un amor tan fermoso que "todas as aves do mundo" o proclaman.
A segunda parte da cantiga, as catro últimas cobras, falan do cambio de actitude do namorado, un cambio que non só provoca a tristura na namorada senón en todos os elementos da natureza que xa tiñamos na primeira parte: é o namorado quen, metaforicamente, racha as pólas onde as aves se pousaban para cantar e seca as fontes onde aquelas bebían e se bañaban.

Cantiga de refrán con paralelismo e leixaprén, está composta por oito cobra alternas con medida diferente para cada par de dísticos:
 I-II: 14a, 12a
III-IV: 12c, 11c
V-VI: 11a, 12a
VII-VIII: 12c, 12c

domingo, 9 de decembro de 2012

Damas e cabaleiros

Para ambientar o exame sobre a Literatura Medievasl déixovos estas ilustracións de damas e cabaleiros que viven en castelos cheos de encanto:

 
Estas ilustracións, imitando as pinturas medievais, son do ilustrador Nataliya Derevyanko- Наталья Деревянко.




sábado, 8 de decembro de 2012

Cantigas de Santa María

Páxina web informativa, xenial: http://cantigas.webcindario.com/


Recopilación de imaxes de músicos que acompañan os textos das cantigas do Rei Alfonso X "O Sabio":




Cantiga 100:


mércores, 28 de novembro de 2012

Proposta de cantigas para comentar (II)

 Airas Nunes

Amor faz a min amar tal senhor
que é máis fremosa de quantas sei,
e faz-m'alegr'e faz-me trobador,
cuidand'en ben sempr'; e máis vos direi:
faz-me viver en alegrança
e faz-me toda vía en ben cuidar.
          Pois min amor non quer leixar
          e dá-m'esforc'e asperança,
          mal venh'a quen se del desasperar.

Ca per amor cuid'eu máis a valer,             : "creo ter máis méritos por causa de amar"
e os que d 'el desasperados som
nunca poderam nem ũu bem aver,
mais aver mal; e por esta razom
trob'eu e nom per antolhança,
mais pero que sei mui lealment'amar.
            Pois min Amor non quer leixar
            e dá-m'esforc'e asperança,
             mal venh'a quen se del desasperar.

Cousecen mim os que amor non ham
e non cousecen si, vedes que mal!,
ca trob'e canto por senhor, de pram,
que sobre quantas hoj'eu sei val
de beldad'e de ben falar,
 e é cousida sen dultança.
Atal am'eu, e por seu quer'andar.
             Pois min Amor non quer leixar
             e dá-m'esforc'e asperança,
              mal venh'a quen se del desasperar.


Nuno Treez

Estava-m' em Sam Clemenço,  |  u fora fazer oraçom,
e disse-mi_o mandadeiro,  |  que mi prougue de coraçom:
                         "- Agora verrá aqui voss' amigo".

Estava-m' em Sam Clemenço,  |  u fora candeas queimar,
e disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom semelhar
                                 agora verrá aqui voss' amigo".

Estava-m' em Sam Clemenço,  |  u fora oraçom fazer,
e disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom parecer,
                            agora verrá aqui voss' amigo".

E disse-mi_o mandadeiro,  |  que mi prougue de coraçom,
porque viu que me prazia,  |  ar disse-mi_outra vez entom:
                             agora verrá aqui voss' amigo".      

E disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom semelhar";
porque viu que me prazia,  |  ar começou-me a falar:
                            agora verrá aqui voss' amigo".

 E disse-mi_o mandadeiro:  |  "- Fremosa de bom parecer";
porque viu que me prazia,  |  ar começou-me a dizer:
                        "- Agora verrá aqui voss' amigo".


Martim de Ginzo

Como vivo coitada, madre, por meu amigo,
ca m'enviou mandado que se vai no ferido,                : "para unha expedición militar"
     e por el vivo coitada!

Como vivo coitada, madre, por meu amado,
ca m'enviou mandado que se vai no fossado,                : "servir ao rei"
     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no ferido,
eu a Santa Cecilia de coraçón o digo,
     e por el vivo coitada!

Ca m'enviou mandado que se vai no fossado,
eu a Santa Cecilia de coraçón o falo,
     e por el vivo coitada!


Pero Meogo

-Digades, filha, mia filha velida:
porque tardastes na fontana fría?
     -Os amores ei. 

Digades, filha, minha filha louçana:
porque tardaste na fría fontana?
     -Os amores ei. 

-Tardei, mia madre, na fontana  fría,
cervos do monte a augua volvían.
    -Os amores ei. 

Tardei, mia madre, na fría fontana:
cervos do monte volvían a augua.
   -Os amores ei. 

-Mentir, mia filha, mentir por amigo:
Nunca vi cervo que volvess´ o rio.
   -Os amores ei.

Mentir, mina filha, mentir por amado:
Nunca vi cervo que volvess´o alto.
      -Os amores ei. 



Nuno Fernandes Torneol


Levad', amigo, que dormides as manhãas frias;
todalas aves do mundo d' amor dizian:
                    leda m' and' eu.

Levad', amigo, que dormide' -las frias manhãas;
todalas aves do mundo d' amor cantavan:
                    leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor diziam;
do meu amor e do voss' en ment' avian:
                    leda m' and' eu.

Toda-las aves do mundo d' amor cantavan;
do meu amor e do voss' i enmentavan:
                     leda m' and' eu.

Do meu amor e do voss' en ment'avian;
vós lhi tolhestes os ramos en que siian:
                      leda m' and' eu.

Do meu amor e do voss' i enmentavam;
vos lhi tolhestes os ramos en que pousavan
                      leda m' and' eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que siian
e lhis secastes as fontes en que bevian:
                     leda m' and' eu.

Vós lhi tolhestes os ramos en que pousavan
e lhis secastes as fontes u se banhavan:
                      leda m' and' eu.

Proposta de cantigas para comentar (I)

Tal como me pedistes, déixovos aquí unhas cantigas para quen queira practicar comentarios.


João Airas de Santiago

Vi eu donas, senhor, em cas d'el-rei,
fremosas e que pareciam bem,
e vi donzelas, muitas u andei;
e, mia senhor, direi-vos ũa rem:
           a mais fremosa de quantas eu vi,
           long'estava de parecer assi

Come vós. Eu muitas vezes provei
se ac[h]aria de tal parecer
algũa dona, senhor, u andei;
e, mia senhor, quero-vos al dizer:
             a mais fremosa de quantas eu vi,
            long'estava de parecer assi

Come vós. E, mia senhor, preguntei
por donas muitas, que oí loar
de parecer, nas terras u andei;
e, mia senhor, pois mi as fo[rom] mostrar:
             a mais fremosa de quantas eu vi,
             long'estava de parecer assi.


Bernal de Bonaval 

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
                      se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
                     se nom dade-mi-a morte.
 
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
                     se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
                    se nom dade-mi-a morte.


D. Dinís

Quer’eu em maneira de proençal
fazer agora um cantar d’amor,
e querrei muit’i loar lmia senhor
a que prez nem fremosura nom fal,
nem bondade; e mais vos direi ém:
tanto a fez Deus comprida de bem
que mais que todas las do mundo val.

Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,
quando a fez, que a fez sabedor
de todo bem e de mui gram valor,               :  "que a fixo coñecedora de todo ben"
e com tod’est[o] é mui comunal                  :  "é moi sociable, sabe estar"
ali u deve; er deu-lhi bom sém,
e desi nom lhi fez pouco de bem
quando nom quis lh’outra foss’igual            : "fíxoa tan ben, que non quixo facer outra igual"
Ca en mia senhor nunca Deus pôs mal,
mais pos i prez e beldad'e loor
e falar mui ben, e riir melhor
que outra molher; des i é leal
muit', e por esto non sei oj'eu quen
possa compridamente no seu ben
falar, ca non á, tra-lo seu ben, al.                      :  "non hai un ben maior, alén do seu"




Fernando Esquio 

Amor, a ti me ven[h]'ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar,
cada u dórmio, sempre m'espertar
e faz-me de gram coita sofredor.
Pois m'ela nom quer veer nem falar,
           que me queres, Amor?

 Este queixume te venh'or dizer:
 que me nom queiras meu sono tolher
pola fremosa do bom parecer
que de matar home sempr'há sabor.
Pois m'ela nẽum bem quis[o] fazer,
          que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por em
que me nom tolhas meu sono por quem
me quis matar e me teve em desdém
e de mia morte será pecador.
Pois m'ela nunca quiso fazer bem,
            que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto por tal
que me nom tolhas meu sono por qual
me nom faz bem [e sol me faz gram mal]
e mi o [fará], desto [som] julgador.
Poilo seu bem cedo coita mi val,
            que me queres, Amor?

Cantigas de amor

Máis presentacións. Non poderedes dicir xamais que non tiñades por onde estudar:

Recursos formais das cantigas de amor

 . RECURSOS FORMAIS: a cantiga de amor é máis complexa cá de amigo:

.- Dobre: repetición dunha mesma palabra na mesma posición nun verso dentro da mesma cobra.
.- Mordobres: repítese o lexema dunha palabra dentro da mesma posición da mesma cobra.
.- Atafiinda: unión entre estrofas, unha continúa na seguinte.
.- Fiinda: conxunto dun ou máis versos que nas cantigas de refrán están situados ao final da cantiga, xusto logo do refrán, e que actúan a modo dunha conclusión ou remate.
.- Capdenais: repetición dunha ou de varias palabras no mesmo verso de cobras sucesivas.


. A COBRA:

.- Cobras unisonantes: repiten a mesma distibución da rima en todas as cobras.
.- Cobras singulares: cambian de rima dunha cobra a outra.
.- Cobras doblas: cambio de rima de dúas en dúas.
.- Cobras alternas: riman as pares coas pares e as impares coas impares.
.- Cobras capfinidas: cada cobra comeza pola última palabra ou secuencia de palabras da anterior.
.- Cobras capcaudadas: a rima do último verso dunha cobra repítese no primeiro da seguinte.
.- Cobras retrogradadas: cando a segunda cobra repite en orde inversa a distribución de rimas da primeira.


 Lembrade que o cómputo silábico realízase ata a última sílaba tónica do verso.


Nesta páxina tedes esquemas de todas as cantigas.