Buscar neste blog

domingo, 29 de setembro de 2013

Lecturas optativas

Coido que hai para todos os gustos. Habedes topar máis dun libro que vos guste, seguro!. En negriña, os que deberiades ler nalgún momento:


1.      Alcalá, Xavier: A nosa cinza. Galaxia
2.      Aleixandre, Marilar: A compañía clandestina da contrapublicidade, Xerais
3.      Alonso, Fran: Ninguén. Xerais
4.      Ameixeiras, Diego: Todo OK. Xerais.
5.      Amis, Martin: A casa dos encontros. Galaxia
6.      Aneiros, Rosa: Resistencia. Xerais
7.      Atxaga, Bernardo: Obabakoak. Faktoría K
8.      Auster, Paul: Mr. Vértigo. Sotelo Blanco
9.      Auster, Paul: Un  home na escuridade, Galaxia
10.  Autores, varios: Longa lingua, Xerais
11.  Balzac, Honoré de: O tío Goriot. Galaxia
12.  Baricco, Alessandro: Seda. Editorial Rinoceronte
13.  Blanco Amor, Eduardo: A esmorga. Galaxia
14.  Bradbury, Ray: Crónicas marcianas. Xerais
15.  Bukowski, Charles: Servizo de correos, Editorial Hugin e Munin
16.  Caamaño, Begoña: Morgana en Esmelle. Galaxia
17.  Calveiro, Marcos: Settecento. Xerais
18.  Camus: O estranxeiro. Edicións do Cumio
19.  Casares, Carlos: O sol do verán, Galaxia
20.  Castelao: Os vellos non deben de namorarse. Galaxia
21.  Claudel, Philippe: A neta do señor Linh, Rinoceronte
22.  Coetzee, J. M.: Deshonra. Editorial Rinoceronte
23.  Couceiro e outros: Tics, Baía Edicións
24.  Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia. Galaxia
25.  Dávila, Berta: Raíz da fenda. Xerais
26.  De Castro, Rosalía: Follas Novas. Galaxia
27.  De Luca, Erri: Montedidio. Editorial Rinoceronte
28.  De Toro, Suso: Calzados Lola. Xerais
29.  Dorfman, Ariel e Joaquín: A cidade en chamas. Xerais
30.  Eisner, Will: Contrato con Deus. Editorial Rinoceronte
31.  Elorriaga, Unai: Un tranvía cara a SP. Galaxia
32.  Fariña, Goretti: Orlando pendurado. Editorial Xerais
33.  Feijoo, Pedro: Os fillos do mar. Xerais
34.  Fernández Paz, Agustín: Non hai noite tan longa. Xerais
35.  Fernández, M. A.: Lume de cobiza, Galaxia
36.  Ferrandino, Giuseppe: Pericle o negro, Rinoceronte
37.  Ferreiro, Celso Emilio: Longa noite de pedra. Xerais
38.  Ferrín, Méndez: O crepúsculo e as formigas. Xerais
39.  Flaubert, Gustave: Madame Bovary. Galaxia
40.  Freixanes, Víctor: O cabalo de ouros. Galaxia
41.  García Campos, Iván: O imposible de desatar. Galaxia
42.  García López, Xosé Manuel: Pegadas nun labirinto baleiro. Baía
43.  Gómez Pato, Raúl: Choiva, vapor e velocidade, Positivas
44.  Gómez, Lupe: Fisteus era un mundo, A Nosa Terra
45.  Gómez, Lupe: Pornografía. Positivas
46.  Huston, Nancy: Marcas de nacemento. Editorial Rinoceronte
47.  Huxley, Aldous: Un feliz mundo novo. Xerais
48.  Kafka: A metamorfose / O proceso. Sotelo Blanco
49.  Lema, Alberto: Da máquina. Galaxia
50.  López Rodríguez, Xavier: Destrución. Xerais
51.  Lopo, Antón: Obediencia. Galaxia
52.  Lopo, Santiago: Hora Zulú. Galaxia
53.  Malvar, Aníbal C.: Unha noite con Carla. Xerais.
54.  Mayoral, Marina: O anxo de Eva. Xerais.
55.  McCarthy, Cormac: A estrada. Faktoría K
56.  Méndez, Fernando: Deus xogando aos dados. Sotelo Blanco
57.  Moreda, Eva: A Veiga é como un tempo distinto, Xerais
58.  Moure, Teresa: Herba moura  / Unha primavera para Aldara. Xerais
59.  Murado, Miguel Anxo:  Ruído. Relatos de guerra  /  Fin de século en Palestina. Galaxia
60.  Negro, Carlos: Far-west, Xerais
61.  Neira Vilas: Querido Tomás, Ediciós do Castro
62.  Núñez Singala, X. M.: Mar de fondo.  Galaxia
63.  O’Farrell, Maggie: A desaparición de Esme Lennox. Galaxia
64.  Orwell, George: 1984. Faktoría K
65.  Otero Pedrayo: O Fidalgo e outros relatos. Galaxia
66.  Paasilinna, Arto: O muiñeiro ouveador. Rinoceronte
67.  Pavese, Cesare: Oficio de vivir. Galaxia
68.  Pazó, Cándido: A piragua. Laiovento
69.  Pereiro, Lois: Poesía última de amor e enfermidade. Positivas.
70.  Pérez Rei, Mariña: Contrapicados. Sotelo Blanco
71.  Pernas, Gustavo: Comedias paranoicas: Fábula, Xerais.
72.  Piñón, Nélida: A casa da paixón. Galaxia
73.  Portas, Manuel: Faneca Brava. Xerais.
74.  Prado, Miguelanxo: Ardalén. El Patito Editorial
75.  Pratt, Hugo: Corto Maltés. Balada do mar salgado. Galaxia
76.  Puentes, Hixinio: Winnipeg. Xerais
77.  Pullman, Philip: A aurora boreal. Faktoría K
78.  Queipo, Xavier: Malaria sentimental, Sotelo Blanco
79.  Queizán, Mª Xosé: Amor de tango . Xerais
80.  Redondo, Dolores: O gardián invisible. Xerais
81.  Rei Núñez, Luís: O señor Lugrís e a negra sombra. Xerais
82.  Reigosa, Carlos G.: A vitoria do perdedor. Xerais
83.  Reimóndez, María: O club da calceta. Xerais
84.  Reixa, Antón: Látego de algas, Espiral Maior
85.  Risco, Vicente: O porco de pé. Galaxia
86.  Rivas, Manuel: As voces baixas, Xerais
87.  Rivas, Manuel: Todo é silencio, Xerais
88.  Riveiro Coello: As rulas de Bakunin. Galaxia
89.  Ruibal, Rubén: Limpeza de sangue, Xerais.
90.  Salgueiro, Roberto: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, Xerais
91.  Salinger: O vixía no centeo. Xerais
92.  Sacco, Joe. Palestina. Editorial Rinoceronte
93.  Satrapi, Marjane: Persépole. Editorial Rinoceronte
94.  Scpenavic, Branimir: A boca chea de terra. Rinoceronte
95.  Schmitt, Eric-Emmanuel: O señor Ibrahim e as flores do Corán. Faktoría K
96.  Shakespeare, William: Otelo. Macbeth. Galaxia
97.  Shelley, Mary: Frankenstein ou o moderno prometeo. Galaxia
98.  Smith, Zadie: Da beleza. Galaxia
99.  Spiegelman, Art: Maus. Inrevés Ediciones
100.                   Stein, Gertrude: Tres vidas. Galaxia
101.                   Steinbeck, John: De ratos e homes. Galaxia
102.                   Suárez Abel, Miguel: Nunca te vin chorar. Galaxia
103.                   Süskind, Patrick: O perfume. Sotelo Blanco
104.                   Tabucchi, Antonio: Tristano morre / Afirma Pereira. Galaxia
105.                   Taylor, Kressmann:  Enderezo descoñecido. Xerais
106.                   Thompson, Jim: Os caloteiros. Rinoceronte
107.                   Tolkien: O señor dos aneis. Xerais
108.                   Toro, Suso de: Land Rover  /  Non volvas, Xerais
109.                   Twain, Mark: O forasteiro misterioso. Editorial Hugin e Munin
110.                   Valenzuela, Ramón de: Non agardei por ninguén. Xerais
111.                   Vidal Bolaño, Roberto: A ópera de a patacón, Xerais
112.                   Vidal Bolaño, Roberto: Cochos, Sotelo Blanco.
113.                   Vidal Bolaño, Roberto: Rastros, Edicións Positivas.
114.                   Villar, Domingo:  Ollos de auga  / A praia dos afogados. Galaxia
115.                   Waters, Sarah: A Rolda Nocturna. Galaxia
116.                   Wollstonecraft, Mary: Maria. Editorial Hugin e Munin
117.                   Woolf, Virginia: As ondas. Galaxia
118.                   Zúñiga, Iolanda: Vidas post-it. Xerais

xoves, 6 de xuño de 2013

luns, 27 de maio de 2013

Familias léxicas irregulares

Étimo latino -> cultismo -> semicultimos -> patrimonial
REGULAM -> regular -> regra -> rella
PLENAM -> plena -> prea(mar) -> chea INSULAM -> insular -> insua -> illa MACULA -> mácula -> mágoa -> mancha

Familias léxicas irregulares de uso máis frecuente
PALABRAS PATRIMONIAIS

Artello, artellar, desartellar, desartellamento

Doer, doente, doenza, doído, dorido

Orde, desorde, contraorde

Vixiar , vixía, vixiante


Herdar,
herdeiro, herdo, herdanza

Xerar, xeración, xerador,
xeral, xeralmente

Doar, doador, doazón

Lúa, luada, luar, luarada, aluar, aluaxe

Liña, subliñar, subliña, doaliñar

Ter,
absterse, conter, deter, entreter, manter,
soster, tenza, mantenza . Persoa, persoal, impersoal, persoalmente, persoeiro
Vontade

-------------------------------------------------------------------------------------------------

CULTISMOS E SEMICULTISMOS

Artigo, articular, articulación, articulado, articulista, articulatorio, Dolor, doloroso, dolorosamente, indolencia, indolente
Ordenador, ordenar, ordinario, ordinal, ordenado, subordinar,
coordinar, coordenada
Vixilancia, vixilia, vixilante

Hereditario

Dexenerar
Xeneral , xeneralato, xeneralizar, xeneralidade
Donativo

Lunar, lunático

Delinear, delineación, delineante, lineal, interlineal
Continencia, continente, incontinencia, incontinente, tenente,
abstinencia
Personalidade, personaxe, personalizar, personalismo,
personalista, personificación
Voluntariado, voluntariamente, voluntarioso


Vía 

venres, 26 de abril de 2013

ALGÚNS VALORES DO “SE”



.- SE reflexivo: dáse en construcións reflexivas, que poden ser directas ou indirectas. Nas directas a correferencia dáse entre Suxeito e CD (“Xandra báñase todos os días”), ou sexa, o pronome –en función de CD- ten o mesmo referente có suxeito (“Vestiuse na casa”). Nas indirectas, moi raras en galego e que só se dan se o CD non é un clítico, a correferencia dáse entre Suxeito e CI (“Xandra dáse un baño”). Porén, non son posibles construcións como *Paio quitouse un chaqueta ou *Mercouse un xersei, nas que o correcto será “Paio quitou a (súa) chaqueta e Mercou un xersei”.
.- SE recíproco: dáse cando dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito e obxecto, representado por un clítico reflexivo de plural que pode ser CD ou CI, é dicir, dúas ou máis persoas realizan unha acción que reciben mutuamente. Cando o reflexivo é CD, acompaña un CD que non pode ser nunca un clítico : “Os noivos despedíronse (recíproca directa) / Os noivos déronse o número de teléfono (recíproca indirecta); nunca *déronso.
.- SE marca de pasiva impersoal ou pasiva reflexa: construción formada polo pronome se+un verbo en voz activa (en terceira persoa de singular ou de plural) que concorda co suxeito paciente: “Alúganse pisos” ou “Alúgase casa” (“Os pisos son vendidos. A casa é alugada”). Para saber se estamos ante esta construción xogamos co verbo, singular ou plural: se o suxeito cambia con el é unha pasiva reflexa.
.- Se non hai tal concordancia ou non hai suxeito paciente e o verbo está inmobilizado en terceira persoa singular, fálase de activa impersoal con se: “Na clase falouse da sida / Cando se bebe, non se conduce”
.- SE morfema de verbo pronominal: o clítico acompaña necesariamente a certos verbos chamados pronominais, que dese xeito poden adquirir un significado léxico diferente. Nestes casos é un constituínte formal do verbo e carece de función sintáctica: “A neve derreteuse coa calor”

xoves, 25 de abril de 2013

O PRONOME PERSOAL: Formas reflexivas



 Formas reflexivas:

A reflexividade ocorre cando o pronome representa a mesma persoa do suxeito : “Eu lávome”.
Algunhas particularidades:
-         Non son posibles en galego as construcións reflexivas nas que a acción se exerza unicamente sobre unha parte do suxeito: *Laveime as mans. Hai que dicir: “Lavei as mans”.
-         Os pronomes reflexivos non entran nunca en cadea cos pronomes átonos de terceira e sexta persoa de CD. Así, serían erróneas expresións do tipo : *Pregúntato ou Pregúntaso.  Haberá que dicir : “Pregúntate iso” ou “pregúntase iso”.
-         As formas reflexivas úsanse tamén nas construcións recíprocas, é dicir, nas que dous ou máis actores se alternan nos papeis de suxeito (axente) e obxecto, representado este por un clítico reflexivo de plural que pode ser CD (“Paco e Iria bicáronse / Nós ofendémonos”) ou CI. Pero neste caso, é dicir, cando o reflexivo é CI, acompaña un CD que non pode ser nunca un clítico (“Paco e Ana déronse bicos” nunca *Paco e Ana déronsos”)
-         Algúns verbos que en castelán son reflexivos non o son en galego: “adormecer, espertar, calar, caer, casar, ficar, marchar, morrer, parar, romper...” : “Antía e Paulo casaron e marcharon de lúa de mel”. Outros verbos moi raramente poden ser usado como reflexivos: “durmir, quedar, sentar, sorrir...”
-         Algúns verbos como “afogar(se), sentir(se), dar(se), comportar(se), despedir(se), fixar(se), manifestar(se), parecer(se), ter(se)...” poden admitir ou non a forma reflexiva, pero a escolla entre unha ou outra implica diferenza de significado. Así:
Afogar: morrer por submersión involuntaria / Afogar: suicidar mergullándose na auga.
Sentir: percibir polos sentidos; oír  /  sentirse: estar de certa maneira segundo o estado de ánimo
Dar: entregar  /  Darse: afacerse, nacer da terra
Rir: manifestar ledicia  /  Rirse: burlarse de algo ou alguén.