Buscar neste blog
domingo, 24 de febreiro de 2013
Meniña gaiteira
Artigo de Carlos Negro en "Sermos Galicia":
Neste tempo de invernía, nunha especie de celebración para os meus adentros, regresei á lectura de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, agora que se conmemora o 150 aniversario da edición de 1863. E así como quen non quere a cousa, a cabeciña (esa que parar, para pouco) comezou a lle dar voltas a certas suxestións arredor da esencia desta obra fundacional da literatura galega contemporánea.
E quizais resulte unha obviedade poñer en relevo a paradoxa na que incorre Cantares gallegos: pois un monllo de poemas que o galeguismo cultural vai ir canonizando como texto, preséntanse a si mesmos como canto, é dicir, como transposición musical da voz dunha comunidade ágrafa, pero, por suposto, non aínda muda. Dito doutro xeito: en Cantares gallegos opera, de modo consciente, o pulo de crear unha “banda sonora” que realce en positivo os valores culturais dunha comunidade lingüística marxinada secularmente do ámbito intelectual e académico, é dicir, da cultura letrada.
Por tanto, Rosalía de Castro acomete en Cantares gallegos unha continua ficcionalización da oralidade, cun dobre obxectivo: dunha banda, cede o poder autorial a unha meniña gaiteira, a unha moza cantareira que integra a súa voz no múltiple coro de sons e melodías que van abrollando no seo da propia comunidade; doutra banda, religa os versos coa música a través dun constante desafío rítmico baseado na métrica das composicións populares.
E se cadra, nesa identificación consciente entre música e poesía, entre voz e canto, atopamos un dos grandes acertos estéticos de Rosalía de Castro: pois non trata de arredar o texto poético das súas fontes etnográficas e culturais, senón que as transcende integrándoas naturalmente no seu discurso de dignificación patriótica. E por iso no prólogo, Rosalía recoñece que escribe “guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia.”
A Rosalía de Cantares gallegos podería definirse, xa que logo, como unha poeta de finísimo oído que reproduce con extrema sensibilidade “tod’aquello en fin que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme.”
Falamos anteriormente de banda sonora. A pouco que acheguemos a orella, escoitaremos en Cantares unha especie de sinfonía cósmica tanto de sons producidos polo ser humano como por outras entidades do entorno natural; e a relación de exemplos podería estenderse ata o infinito: mozas rebuldeiras que tocan as cunchas e botan copriñas, mulleres que cantan por veigas e montes o seu (des)amor ou que son quen de bailar no cribo dunha peneira ao compás dos pandeiros… Pero tamén escoitamos o bater de campás e tambores, melodías de gaita e guitarra, alalás e alboradas, rechouchíos de paxaros, murmurios de vento e follaxe, gorgorexos das aguas dos ríos… E a moza que nos guía a través desde universo fónico remata no derradeiro poema do libro recoñecendo a suposta desproporción entre o anceio musical e o acerto poético: “Eu cantar, cantar, cantei, / a grasia non era moita.”
E mesmo nalgún fragmento lírico, a voz desta humilde cantareira semella evocar, nunha transposición temática case exacta, a fórmula medieval das cantigas de amigo, cando expresa o lamento panteísta que interroga á natureza polo namorado ausente:
Neste contexto, e como colofón a
esta mínima evocación rosaliana, é de xustiza recoñecer a exacta análise
que efectou a poeta Luísa Villalta da figura da meniña gaiteira de Cantares gallegos, nun magnífico ensaio titulado O outro lado da música, a poesía (Edicións A Nosa Terra, 1999):
E nós, que aínda acudimos aos poemas de Rosalía como quen vai beber a
unha fonte onde abrolla a oralidade primixenia, concordamos.
Neste tempo de invernía, nunha especie de celebración para os meus adentros, regresei á lectura de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, agora que se conmemora o 150 aniversario da edición de 1863. E así como quen non quere a cousa, a cabeciña (esa que parar, para pouco) comezou a lle dar voltas a certas suxestións arredor da esencia desta obra fundacional da literatura galega contemporánea.
E quizais resulte unha obviedade poñer en relevo a paradoxa na que incorre Cantares gallegos: pois un monllo de poemas que o galeguismo cultural vai ir canonizando como texto, preséntanse a si mesmos como canto, é dicir, como transposición musical da voz dunha comunidade ágrafa, pero, por suposto, non aínda muda. Dito doutro xeito: en Cantares gallegos opera, de modo consciente, o pulo de crear unha “banda sonora” que realce en positivo os valores culturais dunha comunidade lingüística marxinada secularmente do ámbito intelectual e académico, é dicir, da cultura letrada.
Por tanto, Rosalía de Castro acomete en Cantares gallegos unha continua ficcionalización da oralidade, cun dobre obxectivo: dunha banda, cede o poder autorial a unha meniña gaiteira, a unha moza cantareira que integra a súa voz no múltiple coro de sons e melodías que van abrollando no seo da propia comunidade; doutra banda, religa os versos coa música a través dun constante desafío rítmico baseado na métrica das composicións populares.
E se cadra, nesa identificación consciente entre música e poesía, entre voz e canto, atopamos un dos grandes acertos estéticos de Rosalía de Castro: pois non trata de arredar o texto poético das súas fontes etnográficas e culturais, senón que as transcende integrándoas naturalmente no seu discurso de dignificación patriótica. E por iso no prólogo, Rosalía recoñece que escribe “guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia.”
A Rosalía de Cantares gallegos podería definirse, xa que logo, como unha poeta de finísimo oído que reproduce con extrema sensibilidade “tod’aquello en fin que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme.”
Falamos anteriormente de banda sonora. A pouco que acheguemos a orella, escoitaremos en Cantares unha especie de sinfonía cósmica tanto de sons producidos polo ser humano como por outras entidades do entorno natural; e a relación de exemplos podería estenderse ata o infinito: mozas rebuldeiras que tocan as cunchas e botan copriñas, mulleres que cantan por veigas e montes o seu (des)amor ou que son quen de bailar no cribo dunha peneira ao compás dos pandeiros… Pero tamén escoitamos o bater de campás e tambores, melodías de gaita e guitarra, alalás e alboradas, rechouchíos de paxaros, murmurios de vento e follaxe, gorgorexos das aguas dos ríos… E a moza que nos guía a través desde universo fónico remata no derradeiro poema do libro recoñecendo a suposta desproporción entre o anceio musical e o acerto poético: “Eu cantar, cantar, cantei, / a grasia non era moita.”
E mesmo nalgún fragmento lírico, a voz desta humilde cantareira semella evocar, nunha transposición temática case exacta, a fórmula medieval das cantigas de amigo, cando expresa o lamento panteísta que interroga á natureza polo namorado ausente:
Vou perguntand’ós airiños,
vou perguntand’ós pastores,ás verdes ondas perguntoe ninguén ¡ai! me responde.Os aires mudiños pasan,os pastoriños no m’oien,i as xordas ondas fervendocontr’os penedos se rompen.
vou perguntand’ós pastores,ás verdes ondas perguntoe ninguén ¡ai! me responde.Os aires mudiños pasan,os pastoriños no m’oien,i as xordas ondas fervendocontr’os penedos se rompen.
“Portanto a meniña gaiteira, protagonista do marco poético no que se desenvolven todos os cantares do libro, sería algo así como a encarnación do espírito positivo da Galiza e unha versión ao popular da
propia autora que se quere manifestar através desta personaxe como
integrante do povo que canta.[…] Asume a voz de toda Galiza, das súas
alegrías e miserias, nun intento de devolverlle o prestixio e a
esperanza, todo iso entregado, unha vez máis, ao ostensíbel ritmo da
pandeirada.”
venres, 22 de febreiro de 2013
Escolma Rosalía
Escolma Rosalía de Castro from Teresa Meixide Portos
desde o IES San Paio de Tui: Lingua nai, nai da Lingua:
xoves, 21 de febreiro de 2013
sábado, 16 de febreiro de 2013
Alborada e web para Rosalía
Onte a Fundación Rosalía de Castro estreou o seu novo portal na arañeira dixital. Xusto a tempo para difundir os actos do Día de Rosalía,
o vindeiro 24 de febreiro. Parabéns pola iniciativa e o esforzo feito
para achegarnos máis á figura da poeta. Agardamos que se vaian
completando os espazos deste web con información máis completa sobre a
súa obra e traxectoria vital. De certo que será toda unha referencia.
En colaboración coa AELG proponse aos centros do ensino a inclusión no venres 22 actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que se divulgarán desde o portal da AELG para darlles visibilidade social.
O 23 de febreiro a homenaxe chegará desde Caracas e desde distintas cidades e vilas galegas coa lectura de poesías de Rosalía.
O 24 será o día central dos actos e celebrarase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación faise un chamamento aos gaiteiros para sair ás rúas para dar unha Alborada para Rosalía. Tamén se realizará unha lectura pública no Panteón de Galegos Ilustres ás 12:00. En definitiva, haberá toda unha restra de actos para lembrar e dignificar a figura da escritora que recuperou a nosa lingua para os usos cultos.

venres, 15 de febreiro de 2013
xoves, 14 de febreiro de 2013
mércores, 13 de febreiro de 2013
martes, 12 de febreiro de 2013
luns, 11 de febreiro de 2013
sábado, 9 de febreiro de 2013
Máis Rosalía
Para comprobar o que sabedes, aquí tedes unha serie de actividades sobre Rosalía elaboradas polo CEP Pilar Maestu Sierra, A Pobra do Caramiñal. Premede na ligazón e comprobade os vosos coñecementos antes do exame.
Tamén podedes ver este "prezi".
No blogue da Biblioteca do CEIP de Andrade-Pontedeume tedes estoutro xogo para ver canto sabedes.
Neste blogue tedes máis recursos.
Recursos para recordar a súa figura.
- Biografía.
- Obra.
- Textos.
- Facsímil de Follas Novas.
Rosalía de Castro
Web Oficial da Fundación Rosalía de Castro
Rosalía de Castro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Rosalía de Castro: Biografía e Poemas
"Con Rosalía en Xixón" artigo de Agustín Fernández Paz
CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás): Rosalía de Castro. Recursos
CEIP Alexandre Bóveda (Redondela): Recursos en verde sobre Rosalía
Nesta ligazón, máis LIM.
venres, 8 de febreiro de 2013
Textos para comentar (V)
¿Por que?
-¡Escoita! Os algoasiles
andan correndo a aldea;
mais, ¿como pagar, como, se un non pode
inda paga-la renda?
Embargarannos todo, que non teñen
esas xentes concencia, nin ten alma.
¡Quedaremos por portas,
meus fillos das entrañas!
¡Mala morte vos mate
antes de que aquí entredes!...
Dos probes, ó sentirvos,
os corazós, ¡cal baten tristemente!
-María, se non fora
porque hai un Dios que premia e que castiga,
eu matara eses homes
como mata un raposo a unha galiña.
-¡Silencio! ¡Non brasfemes
que este é un valle de lágrimas!...
¿Mais por que a algúns lles toca sufrir tanto
i outros a vida antre contentos pasan?

xoves, 7 de febreiro de 2013
Textos para comentar (IV)
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»
mércores, 6 de febreiro de 2013
Textos para comentar (III)
¿Que pasa ó redor de min?
¿Que me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se vé.
Teño medo á desgracia traidora
que vén, e que nunca se sabe onde vén.¿Que pasa ó redor de min?
¿Que me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se vé.
Teño medo á desgracia traidora
que vén, e que nunca se sabe onde vén.

martes, 5 de febreiro de 2013
Textos para comentar (II)
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
luns, 4 de febreiro de 2013
Textos para comentar (I)
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
.........................................
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!

sábado, 2 de febreiro de 2013
venres, 1 de febreiro de 2013
xoves, 31 de xaneiro de 2013
Exemplo de comentario
Este vaise i aquel vaise….
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.
1. Análise
intratextual
1.1.
Análise do fondo ou do contido
1.1.1
Tema central
O tema central é a emigración.
1.1.2. Tema(s)
secundario(s)
Abandono e desolación de Galicia e dos seus
habitantes.
1.1.2
Argumento
Trata da situación
dos que quedan en Galicia e non dos que marchan. O motivo do abandono, que non
se explicita, só pode ser a emigración. Realmente, poderiamos dicir que non
existen temas secundarios porque estes son unha concretación que integra e
complementa o tema central. Así, a desoladora situación de Galicia maniféstase
a través do abandono da terra, dos fillos, das nais, das mulleres e mesmo do
conxunto dos que quedan. O tema do abandono da terra aparece mediante a falta
de homes que a traballen e mesmo que a habiten. O tema do abandono dos fillos
que quedan sen pais é paralelo ao das nais, que quedan sen fillos; de maneira
semellante aparece o das mulleres, que quedan sen homes. Ambiguamente, de non
consideralos referidos en exclsiva ás “viúvas”, os “corazóns que sofren longas
ausencias mortás” poderían encarnar ao conxunto dos que quedan no desamparo
material e na angustia afectiva.
Con isto, o texto
non fai máis que unha reivindicación social. Por que a xente emigra de Galicia?
Por que se dá esta situación nunha terra que pode dar de comer aos seus fillos?
Así que o autor ou autora do texto o que pretende é facer unha denuncia social
do que ocorre ao seu arredor, e o que subxace debaixo da tristura do poema é
unha fonda conmoción e solidariedade cos que sofren esa situación.
O texto pretende
expresar un contido urxente e intenso dun xeito sinxelo e comprensible, que non
sacrifique ningunha cuestión de fondo por razóns de forma. Nos dous versos
iniciais, descríbese o motivo de todas as situacións que seguen: o éxodo
migratorio. A partir de aquí, enumera as súas consecuencias acumulando os
desastres que tal feito determina nos que quedan. Nos dous versos seguintes
refírese ao traballo abandonado. Na segunda cuarteta, aos suxeitos físicos do
abandono. Na terceira, á dor psíquica que produce: sufrimento, desolación,
desconsolo.
1.2.
Análise da forma ou da expresión.
O poema non está
dividido en estrofas, xa que despois dos puntos non hai ningún tipo de
espaciado. Só ao comezo do mesmo, o primeiro verso deixa un espazo.
Os versos son
octosílabos, cun ritmo moi popular. A rima é asoante nos pares, deixando os
impares libres, o que lle dá tamén ese carácter popular do que falabamos. Esta
rima asoante concede máis liberdade ao pensamento e convértese nun xeito de
chegar mellor aos posibles lectores da época. Aínda que non estea dividida en
estrofas, parecen tres cuartetas, é dicir, cantares populares, moi comúns nesta
época..
O poema componse
basicamente de verbos e substantivos. Os catros primeiros versos, relativos á
marcha e ao abandono do traballo, terminan xustamente cunha forma verbal. Os
catro seguintes, referidos aos que quedan, terminan todos en substantivo. Os
catro últimos alternan o seu final entre dous verbos, un substantivo e un
adxectivo. Ademais, os catro primeiros comezan as dúas oracións que compoñen
con pronome e con nome. A oración que forma os catros seguintes e a que compón
os catro últimos comezan con verbos, pola contra. O adxectivo escasea en todo o
poema, agás no verso 10, para recalcar de maneira apreciativa a interminable e
angustiosa desolación do abandono, empregando a anteposición e a posposición
adxectiva ao mesmo tempo.
En canto ás figuras
literarias, hai un hipérbato en “sen homes quedas”; elisión no verso 11 de “e
tes”, explícito dous versos antes. Os máis comúns débense á recorrencia e
adición, coma se se quixese recalcar machaconamente a reiterada e interminable
marcha dos homes de Galicia, por iso está cheo de anáforas e mesmo a
polisíndeto dos versos 6 ao 9. Hai tamén un paralelismo anafórico entre os
versos 7 e 8; reitéranse abundantemente os mesmo verbos e nomes en distintas
flexións; igual ocorre coa enumeración que pretende recalcar o número dos que
marchan (“este, aquel, todos”). Metáfora no penúltimo verso en “campos de soledad”.
Hipérbole en “sin homes quedas”. Prosopopeia en “ausencias mortás”. Gradación
que parte do particular (“este”) á totalidade (“todos”) e á xeralidade
abstracta (“Galicia”).
Presenta
castelanismos, como o feito de teren tiles os pronomes demostrativos,
“soledad”, “sufren”, “viudas”. Dialectalismo en “mortás”, “i”. Vulgarismo en
“ten”.
O emisor está
ausente, fóra do texto, omnisciente. Emprégase a segunda persoa do singular. O
receptor é Galicia, pois é unha apelación constante ao noso país. Non existe
ningún personaxe concreto ademais deste xenérico Galicia, protagonista e
receptor personificado do texto.
O tempo maniféstase
na súa orde lineal e continua. Pártese dun presente para rematar cun futuro. O
tempo amósase rápido nos dous primeiros versos que reflicten a marcha
colectiva, resultando lento nos seguintes, que describen os efectos producidos
pola marcha.
O espazo externo é
real e localizable xeograficamente: Galicia no seu medio rural e nos seus
ámbitos de traballo. A acción non chega a saír de Galicia posto que non se
segue a peripecia dos emigrantes senón a desolación dos abandonados; é pois un
espazo estático ou inmóbil.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)