Buscar neste blog
domingo, 27 de xaneiro de 2013
O editor de Cantares gallegos
Por Manuel Rodríguez Alonso
O editor dos Cantares gallegos foi Juan Compañel.
Compañel, como ben explican Durán, Lestón ou Ogando Bautista na súa tese de doutoramento e agora de xeito practicamente de xeito definitivo, no último número de Grial, Xurxo Martínez González, formárase en Madrid, entre 1850 e 1855, vinculado ao círculo progresista dos Avendaño-Chao-Murguía, onde a figura de máis relevo era o político progresista e republicano Eduardo Chao. Vendo o éxito de editoriais madrileñas, como Gaspar y Roig, tenta repetir o modelo en Vigo e parece que alí se establece contra o final de 1855 e sempre ligado á familia progresista dos Chao, como ben amosa Martínez González no devandito artigo de Grial nº 195. Mesmo casa cunha irmá de Eduardo e Alejandro Chao. Vai publicar xornais como La Oliva, folletíns ou outro tipo de textos que poden ter éxito entre o público lector de clase media de funcionarios, comerciantes e profesións liberais de cidades e vilas dentro dunha liña de progresismo, republicanismo, galeguismo e mesmo socialismo utópico.
Parece que o gran soporte económico desta empresa vai ser o seu cuñado, tamén casado cunha Chao, José Ramón Fernández. O proxecto era crear unha editorial e xornal progresistas e galeguistas na liña da revolución de 1846 (non esquezamos que será La Oliva o xornal que preste máis atención ao banquete de Conxo de 1856, que conmemora a célebre revolución de 1846) polo trío Compañel-Murguía-os Chao, para opoñer a Faro de Vigo, fundado en 1853 como voceiro dos intereses conservadores, monárquicos e foristas, como ben explican os devanditos autores.
José María Chao, o pai dos Chao, foi un farmacéutico e químico, liberal progresista a quen se lle apón que enviou unha carta bomba ao capitán xeneral de Galicia, o absolutista xeneral Eguía. Nado en Ribadavia en 1790, estudou Farmacia en Santiago. Participou na Guerra da Independencia como membro do Batallón Literario. Rematada a guerra establécese como farmacéutivo en Ribadavia para pasar a Vigo en 1826. É fama que a súa rebotica se converte nun dos grandes centros do liberalismo radical e conspirador. Como boticario destacou na loita contra a epidemia de cólera que se deu en Vigo en 1850. Atribuíuselle o atentado con carta bomba contra o capitán xeneral absolutista Eguía, que lle custou a man ao militar en 1829, pois dicíase que o único que era quen de fabricar un artefacto así, polos seus coñecementos de química e a experiencia bélica na Guerra da Independencia, era José María Chao.
O feito pasou á literatura. Curros Enríquez na súa biografía de Eduardo Chao, fillo de José María e importante político republicano (foi en 1868 un dos trinta e cinco deputados que votou pola República no canto da vinda de Amadeo de Savoia e o único deputado galego que o fixo así. Sería ministro de Fomento na I República), atribúelle o atentado. Carlos Casares tamén alude a este feito nun dos relatos de Os escuros soños de Clío, “O republicano de Francelos”.
Así o círculo de La Oliva e Juan Compañel procederían desta rebotica liberal progresista do patriarca José María Chao, que falecerá en Vigo en 1858. O círculo do patriarca liberal Chao estaría frecuentado por liberais vigueses, segundo ben indica Martínez González, como José Ramón Fernández, Atanasio Fontano, Juan Ramón Nogueira, Pedro Mártir Molins ou Miguel Vidal López. O que poría os cartos para as actividades xornalísticas de La Oliva e mais da imprenta de Compañel sería José Ramón Fernández, casado cunhas das fillas de José María Chao e irmá de Eduardo e Alejandro. Juan Compañel casaría con outra das irmás Chao.
Polo tanto, Cantares gallegos xorde e edítase neste ambiente liberal, progresista, galeguista e republicano. La Oliva, órgano xornalístico deste grupo, expresa os seus obxectivos no Prospecto de 15 de xaneiro de 1856. Lembremos que o subtítulo desta publicación era Periódico de Política, Literatura e Inteses materiales: Es, por consiguiente, nuestro credo el del generso partido progresista, contando siempre en la región política una constitución lo más amplia, producto de la soberanía nacional; y en la administración y de gobierno, cuanto se contiene en el axioma: El mayor bien para el mayor número.
No número 8, de 27-II-1856 afirma o periódico vigués: Los moderados son ambiciosos, crueles y vengativos: Huye de ellos como del perro atacado de hidrofobia. Sea nuestro honor el Progreso, que con él veréis como Galicia se lleva al grado de esplendor de la antigua Grecia; pues cuenta con una Atenas donde se liban raudales de luz y de verdad, que debéis comunicar a nuestros pobres artesanos y labradores para que comprendan sus derechos y salgan de la abyección y servilismo en que aún se hallan por vicios sociales que engendraron el despotismo y la inquisición, que ciertos caciques y embaucadores proclaman como cosas necesarias.
Por outra banda, La Oliva ten unha conciencia clara de Galicia como entidade política de seu. Así o 8-III-1856 afirma: Este país está pobre y abatido; sus costas desamparadas, su comercio aniquilado, su industria sofocada, su agricultura destruida, sus caminos intransitables, sus puestos abandonados. Este país acaba de ser azotado por una epidemia espantosa, y por un hambre devoradora; y sus hijos emigran a centenares donde la miseria les acompaña y la sórdida avaricia de algún inhumano logrero hiche de ellos la fosa de los cementerios a la par que de onzas de oro sus gavetas… Este país tan fértil y tan hermoso, y tan desventurado y pobre, se llama Galicia.
En 1856, La Oliva, en contra do que fai o Faro de Vigo, fundado en 1853 como órgano dos conservadores e dos foristas, conmemora o décimo aniversario dos fusilamentos de Carral. Aparece o 26-IV-56 cunha grande orla negra e coa lenda: A la memoria de las víctimas de Carral: Miguél Solis. Segue a listaxe dos fusialdos. Aguirre dedicalles un poema e Murguía un artigo que remata co lema Mártires de 1846, Dios y libertad.
La Oliva desaparacerá por orde gobernativa, segundo uns en 1857 e segundo outros en 1858. Mais será substituído por El Miño. Tras a revolución de 1868 recupera o seu nome orixinal de La Oliva. O impresor e director de El Miño será de novo Juan Compañel. O seu lema era Todo por Galicia. Todo para Galicia.
Este ano de 1858 vai publicar en folletón o Álbum, cun total de 563 páxinas. Subtitulábase Colección de articulos literarios, historia, biografías, novela, poesías. Neste álbum, a carón de textos en castelan, aparecen textos en galego. Compañel, un dos promotores, explica no prólogo que tentaba ser un primeiro intento para facer a historia da literatura producida en Galicia e espallar textos que non se podían atopar doadamente. Alí aparece o estudo de Saralegui “Galicia y sus poetas” e textos en galego, en prosa ou verso, de Alberto Camino, Pintos ou Contos da aldea… de Pintos.
Compañel, en Vigo, consegue fondos porque se fai coa publicación do Boletín Oficial de Pontevedra no remate de 1855. Con estes fondos, métese a editar. Xa en 1856 publica as novelas de Murguía Desde el cielo (5ª edición) e Mi madre Antonia. Pero, Compañel, tamén publicou antes de 1860 un tratado de química analítica ou un estudo das enfermidades da vide. Tampouco descoidaba a edición de libros escolares. Lembremos que é o editor de La primera luz (1859), do propio Murguía.
Compañel enfróntase como editor á publicación de Cantares gallegos. Compañel é un profesional da edición e non quere perder cartos nin arruinarse. De acordo cos datos de Carré Aldao en “Estudio bio-bibliográfico-crítico acerca de Rosalía de Castro” (Boletín da RAG, 1926, tomo XVI, páx. 181): La primera edición fue corta, 600 ejemplares, y apenas circuló. A que no fue más copiosa contribuyó el temor en la desconfianza del público.
Por iso, atribúe a Cantares unha tiraxe de 600 exemplares e que estes deberán venderse fundamentalmente por subscrición. Sae a obra a un prezo de 16 reais en España e 30 en La Habana. Tamén fixa os límites da publicación. O propio Murguía recoñece en Los precursores que o editor no quería arriesgarse a más de lo posible, con un público al cual se daba por primera vez un volumente de versos en gallego… Mesmo no anuncio que aparecía de Cantares gallegos na tapa da obra de Murguía Diccionario de escritores gallegos, tamén editado por Compañel, este dicía: No se tirarán más ejemplares que los necesarios para cubrir las subscripciones, serán muy pocos los que queden a la venta.
Xa que logo, as expectativas de venda eran bastante modestas, mais era o primeiro libro que se publicaba integramente en galego e cumpría, se non se gañaban cartos, polo menos non perdelos.
Polo tanto, como vén sinala Xurxo Martínez González no seu artigo de Grial o círculo progresista dos Chao e especialmente José Ramón Fernández, que custeou a imprenta de Compañel, son indirectamente mecenas de obras como Cantares gallegos de Rosalía (Grial, nº 195,páx. 114).
Xa que logo, a xinea progresista dos Cantares e a súa unión coa cidade de Vigo é manifesta.

sábado, 26 de xaneiro de 2013
O primeiro poema en galego de Rosalía
Por Manuel Rodríguez Alonso
O primeiro poema en galego publicado por Rosalía de Castro foi o que hoxe se coñece popularmente como “Adiós, ríos; adiós, fontes” e que figura na edición dos Cantares gallegos de Compañel (1863) como o número 13. Realmente na edición de 1863 e nas seguintes o poema figura sen título. Este título débese sen dúbida ao propio Murguia, que en Los precursores (1866) di que Rosalía escribiu este poema en 1861 para publicalo en El Museo Universal, como así sería: Nos rodeaba la desolada estepa… Solo allá, al fondo, el viejo Guadarrama, en cuya cima blanqueaba la nieve… Contemplando este cuadro, y recordando en presencia de semejantes esterilidades la exuberancia de los campos gallegos, sintió nuestra escritora la necesidad de escribir y publicar un libro en que se reflejasen con toda su poesía y pureza, los paisajes y la vida entera de la gente de nuestro país…Y aquella misma noche, presa el alma de las profundas tristezas de quien, sin tocar en sus veinticuatro años, se creía ya con un pie en el sepulcro; sospechando que ya no volvería a ver de nuevo el cielo de la triste Compostela, bajo el cual le aguardaban, trazó con mano rápida y con la brevedad de la improvisación, aquellos versos tan tristes y tan hermosos que llevan por glosa la canción popular más en consonancia con el estado de su espíritu, Adiós ríos, adiós fontes, versos que vieron entonces la luz en El Museo Universal (Los precursores, 1866, páxs. 185-186).
A partir deste momento o célebre poema pasou a ser coñecido como “Adiós, ríos; adiós, fontes”, mais a autora nunca o titulou así. O título procede do texto de Murguía. Nas edicións de 1863 e 1872 figura sen título. O seu título sempre que se publicou solto antes da edición en libro de 1863 é a de “Adios que eu voume”. Este poema publicouse por primeira vez solto en El Museo Universal o 24 de setembro de 1861. O título do poema é “¡Adios, qu´eu voume!” Conserva este título nas edicións soltas que se fan deste poema de Rosalía en 1862, tanto na revista Galicia. Revista universal de este reino (no número 16, de quince de agosto de 1862) como en El Álbum de la caridad (1862). Mais este título desaparecerá das edicións en libro, tanto da de 1863 coma da de 1872. Como xa dixemos, todos os investigadores pasarán a titulalo cos primeiros versos do cantar popular que glosa o poema, como fixo Murguía en Los Precursores (“Adiós ríos, adiós fontes”).
Na edición de 1861 de El Museo Universal, así como nas da revista Galicia ou na de el Álbum de la caridad de 1862, consérvase o título (“Adiós que eu voume”).
Mais hai unha estrofa que aparece na edición de El Museo Universal e que desaparece na de Galicia e tamén na do Álbum de la caridad. Desaparecerá tamén das edicións en libro xa desde a primeira edición de 1863. Tras a estrofa que remata co verso o que naceu desdichado ía na edición de El Museo Universal estoutra, que desaparece, como xa indicamos nas edicións posteriores: Por xiadas, por calores / Desde qu´amañece ó día / Dou á terra os meus sudores /Mais canto a terra cría/ Todo… todo e dos señores.
O historiador Xosé Antonio Durán atribúe a desaparición do que chama estrofa maldita de Cantares a Murguía. O historiador rianxeiro atribúe esta supresión a que nela Rosalía defendería concepcións sobre a propiedade da terra propias do socialismo utópico, que non lle parecerían acaídas a Murguía.
O que engaden as edicións en libro do poema a partir da primeira de 1863 é o cantar popular, que falta nas tres edicións soltas, tanto na de 1861 como nas de 1862: Adios, rios, adios fontes, / Adios regatos pequenos, / Adios vista dos meus ollos / Non sei cando nos veremos.
Xa que logo, polo tema e mais polo cantar popular anónimo do que o poema rosaliano acaba por ser glosa na edición en libro, este primeiro poema de Rosalía cabe incluílo dentro da nova dirección que toma a lírica cara á metade do século XIX, que se afasta da altisonancia da lírica romántica de Espronceda, Rivas ou Zorrilla, que, como ben sinala Navas Ruiiz, Valera xa declaraba cousa do pasado en 1854. Fronte a este romanticismo solemne e altisonante proponse como fai Ruiz Aguilera no prólogo de Ecos nacionales (1849) unha poesía de locución decorosa, nin vulgar nin altisonante, que amose sentimentos sinxelos e que constitúa unha revelación simbólica e sinxela da verdade, así como que constitúa un exemplo moral para a nación. Trueba no prólogo da edición dos seus Cantares de 1851 incide na mesma idea, enfantizando que o sentimento é a esencia do poético e que está refuxiado no pobo e mais na lírica popular. Do mesmo ou parecido xeito exprésanse Manuel Cañete no prólogo de La Primavera (1850) de Selgas, Luis Eguílaz no de Baladas (1853) de Vicente Barrantes. En xeral, estes prologuistas gaban o intimismo, sinxeleza, espritualismo, vaguidade, que lembra a poesía nórdica.
En definitiva é o ambiente en que se desenfatiza a anterior poesía romántica e se salienta o sentimento, considerando que o pobo é o seu gran depositario. Cómpre agora expresar sentimentos íntimos en intucións breves e fugaces, como fixera o propio Campoamor nas Doloras (1854).
A isto cómpre unir a influencia do romanticismo alemán, especialmente o de Heine. Fundamental foi a tradución dos quince poemas de Intermezzo que fixo precisamente en El Museo Universal Eulogio Florentino Sanz en 1857, co título de “Poesía alemana. Canciones de Enrique Heine”. Tamén se deron a coñecer por estes anos Goethe, Schiller, Uhland e Antonio Arnao traduciu varios lieder de Schubert e Schumann. Este influxo alemán únese ao movemento autóctono visto enriba de aprecio polo popular e a primacia do sentimento. Ao xeito de Herder, o pobo é depositario da tradición e do sentimento, mais tamén suxeito de reivindicacións sociais inexcusables para aumentar a súa calidade de vida.
Os poemas que xorden agora nesta liña de imitación do popular, especialmente da lírica popular anónima expresada en coplas destinadas ao canto. Entendemos neste sentido copla do xeito en que a define o Dicionario da RAG 20012: Composición poética, polo xeral de catro versos, para ser cantada. Mais algúns denominan impropiamente a esta composición de catro versos cantar. Na época en que Rosalía redacta Adios qu´ eu voume entendíase, como ben expresa o propio Trueba en Libro de los cantares, a palabra cantar como o conxunto formado pola copla popular anónima e máis o poema que a glosaba, que adoitaba ter carácter narrativo ou lírico-narrativo. Así o cantar sería unha composición de carácter lírico-narrativo, moi influída pola sensibilidade da lírica popular anónima e tamén polos modelos dos países nórdicos, especialmente de Alemaña. O cantar neste sentido sería o equivalente ao inglés ballad (balada) ou o alemán lied. Como ben sinala Navas Ruíz (Poesía española. El siglo XIX. Visor 2010): Baladas serían, asimismo, otras creaciones poéticas, como los Ecos nacionales (1849) de Ruiz Aguilera e incluso los Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro. Responden, en efecto, a la definición de balada (en inglés ballad, en alemán lied): composición poética, generalmente breve, de carácter lírico-narrativo, originaria de los países nórdicos (páx. 42).
O primeiro en escribir este tipo de baladas sería Ruiz Aguilera (1849) cos Ecos nacionales e despois Trueba co seu Libro de los cantares (1851). A liña continuaría coas Baladas (1853) de Barrantes.
Esta lírica está profundamente ligada a El Museo Universal. Xa que logo o primeiro poema en galego de Rosalía é un cantar, entendido como sinónimo de balada ou lied, ou como o conxunto da copla popular anónima e a súa glosa. Mais na edición de El Museo Universal non aparece para nada a copla popular anónima, que se engadirá na edición en libro en 1863. Nestas baladas habíaas de tema histórico ou que trataban temas contemporáneos, pero tamén simbólicas e amorosas e mesmo as que prestaban atención a problemas sociais como a pobreza do labrador, a desgraza do pobre que tiña que ir á guerra ou á dor da emigración.
Xa que logo, “Adios qu´eu voume” é un cantar, lied ou balada de tema lírico-narrativo (expresa o sentimento de dor de quen ten que abandonar a terra onde naceu), mais tamén ten un contido social claro. O protagonista do poema non se vai de Galicia por espírito aventureiro nin por un desengano amoroso. Vaise nas edicións do poema onde se suprime a estrofa maldita porque son probe. A causa da pobreza é algo tan inconcreto, nesa mesma estrofa, como o nacer desdichado: a miña terra n-é miña / que hastra lle dan de prestado / a beira por que camiña / ó que naceu desdichado.
Mais se lle engadimos tras desdichado a estrofa de El Museo Universal a causa da de que sexa desdichado é moi clara: a propiedade da terra, que non é de quen a traballa: Por xiadas, por calores / Desde qu´amañece ó día / Dou á terra os meus sudores /Mais canto a terra cría/ Todo… todo e dos señores.
Rosalía, na liña do socialismo utópico, ve que a causa da emigración e do sentimento tan exquisito para algúns da morriña é que Todo… todo é dos señores. Ese señores é dunha acertada e grande ambigüidade, válido para o seu tempo, mais tamén para hoxe. Os señores poden ser os que cobran os foros, as novas oligarquías que traerán o Estado liberal de Isabel II e mais a Restauración, mais hoxe en día poden ser os neoliberais, que cos recortes fan que emigren moitos mozos e mozas galegos.
Por outra banda, a paisaxe é fermosa, pero para vivir na patria de noso cómpre andar Por xiadas, por calores / Desde qu´amañece ó día. E iso non parece que se poida cambiar. Por iso, o mozo emigrante, con toda a dor que se queira, xa non pode máis e exclama: ¡Adiós, qu´eu voume! A emigración é dor, evidentemente, mais tamén é unha saída para fuxir da tiranía e da explotación económica, que se amosan como invencibles en Galicia. Hai nostalxia da paisaxe, dos costumes ou mesmo da muller a quen se ama, mais tamén alporizamento porque os señores fan moi difícil a vida nese suposto paraíso, que para quen é realmente un paraíso é para os señores.
Xa que logo,a estrofa maldita suprimida é fundamental para dotar de sentido este poema rosaliano. A causa da emigración é o sistema de propiedade da época do reinado de Isabel II e o seu sistema sociopolítico, que se consolidará na Restauración.
Nunha publicación como El Museo Universal podía pasar máis desapercibida, pois líase como unha figura retórica sen máis. Mais D. Antonio María de la Iglesia, o editor de Galicia. Revista universal de este reino e de el Álbum de la caridad suprime esta estrofa. D. Antonio era un defensor da monarquía isabelina, como se pode ver nos poemas que dedica á raíña, por exemplo. Non resulta pois estraño que tanto en Galicia como no Álbum de la caridad suprimise esa estrofa. O mesmo acontece cando se publica en libro en 1863.
Mais a estrofa suprimida estaba de acordo coas ideas do socialismo utópico, mesmo das de Ramón de la Sagrano período chamado socialista deste pensador entre 1844 e 1859 ou co as que profesaba un xuvenil Eduardo Chao, gran figura do círculo progresista na década dos cincuenta e dos sesenta formado por os irmáns Chao (cuxa gran figura era Eduardo), Compañel, os Avendaño e os propios Murguía-Rosalía. Na súa biografía de Eduardo Chao, Curros preséntanos un Chao mozo engaiolado polas ideas do socialismo utópico, que manifesta nunha obra de 1842 (Los republicanos y su época) onde, segundo Curros, ata chega a defender os falansterios. Neste ambiente progresista e onde xorde o primeiro poema en galego de Rosalía. Publícase en El Museo Universal, o grande órgano da nova poesía que Núñez de Arce chamaba suspirillos germánicos, mais que non era só iso, como ben demostra Ruiz Aguilera, grande amigo da parella Rosalía-Murguía, cando sinala que esa nova poesía ten así mesmo unha función social para sinalar as lacras que viñan sufrindo as clases populares, como vimos enriba. Lembremos que El Museo Universal publicábano desde 1857 os editores Gaspar e Roig, moi unidos a Eduardo Chao, que editarán a Historia general de España (continuación da de Mariana) ou o Gran Diccionario Enciclopédico de la Lengua Española do político e polígrafo ribadaviense.
Para rematarmos, segundo os teóricos da poesía, unha das grandes características da verdadeira poesía é a ambigüidade da súa linguaxe, a plurisignificación. Rosalía apón os males da emigración aos señores que dominan todo en Galicia: Todo… todo é dos señores. Ese derradeiro verso da estrofa suprimida é dunha tremenda plurisignificación. Todo é a terra, as industrias, os cargos públicos… e os señores poden ser os donos da terra, sexan fidalgos ou non, mais tamén son señores os caciques da Restauración que ofrecen cargos ou os actuais políticos corruptos que só lles dan prebendas e contratos aos do seu partido ou familia. Abonda con ler os xornais cada mañá. Crítica social si, mais tamén gran calidade poética e plurisignificación. Cada lector na súa época pode actualizar este texto e dotalo dun significado acorde cos tempos. Velaí a característica do poeta clásico.
Por outra banda, un escritor actual nunha obra de hoxe mesmo moi gabada reactualiza ese berro de protesta que é o“Adiós, qu´eu voume” rosaliano, do que se sente incapaz xa para loitar contra a inxustiza e abandona buscando lugares máis favorables. Todo o espírito rosaliano desa despedida aparece nesta pasaxe da última obra de Manuel Rivas, As voces baixas: Na emigración, fálase sempre da morriña do que marcha e non de quen fica en terra. En quen marchaba había tristura, mais tamén esperanza. A tristura desabastecida era a de quen non marchaba… E moitas veces para fuxir do medio hostil e atafegante do caciquismo, como delataba aquela copla que rescatou Xurxo Souto e que se cantaba cando desatracaban os grandes transatlánticos rumbo a América: “Aí quedades, aí quedades con curas, frades e militares!” (páx. 124)
Xa que logo, non só a estrofa suprimida, senón tamén o título orixinal “Adios, qu´eu voume” danlle a este poema un sentido que desaparece en gran parte ao suprimir a devandita estrofa, mais tamén ao cambiar o título de protesta que supón ese un tanto arroutado ante a inxustiza que é o “Adiós, qu´eu voume”, polo máis politicamente correcto e morriñento de “Adios ríos, adiós fontes”, que lle inventou Murguía en Los precursores e que toda a crítica galega segue sen ningún tipo de discusión.
Por último, poderiamos comentar algún cambio máis que advertimos entre as versións soltas do poema e a que se ofrece no libro de 1863. Referirémonos só á que resulta máis rechamante e que nos fala da preocupación de Rosalía por atopar un galego descastelanizado (outro tópico é o do galego dialectal e cheo de castelanismos, o de escribo como falo…). Nas versións soltas do poema, de 1861 e 1862, aparece este verso: Desd´ a orilliña do mar. É claro o castelanismo orilliña. Pois ben, na edición de 1863, en libro, este verso pasa a ser: Desd´á veiriña do mar.
Non viría mal que nos nosos institutos se comentase o poema, se escoitase na versión de Amancio Prada e se reflexionase sobre os cambios e mais sobre se segue a ser actual ou non este primeiro texto rosaliano en galego que, por certo, só se puido publicar íntegro na emigración madrileña.

xoves, 24 de xaneiro de 2013
Rosalía XXI
Reflexións sobre Rosalía a raíz da presentación do disco Rosalía 21 de Abe Rábade, Anxo Angueira e Guadi Galego:
mércores, 23 de xaneiro de 2013
Cantares Gallegos
Aquí tedes os poemas que compoñen o libro:
http://www.letrasgalegas.org/servlet/SirveObras/02587296500292784199079/index.htm

martes, 22 de xaneiro de 2013
luns, 21 de xaneiro de 2013
Do blogue de Sofía Rama:
Estranxeira na súa patria é o título dun dos poemas de Follas Novas
(1880), no que Rosalía fala da soidade ante a "interminable procesión
dos mortos" que non daban "sinal nin mostra de habela nalgún tempo
coñecido", a pesar de seren uns "seus amantes" outros "deudos" e outros
"amigos, compañeiros da infancia, serventes e veciños". Esa "indiferente
marcha dos mortos" causa nela un sentimento de desarraigo ("sen lar nin
arrimo") que a leva a autocaracterizarse como "estranxeira na súa
patria", polo desprezo co que a trata a sociedade da súa época . Ese é o
título (Rosalía, estranxeira na súa terra, marzo 2011) que
Francisco Rodríguez escolleu para profundar na súa tese de doutoramento e
argumentar con probas de peso (cartas persoais, xornais da época…) o
que daquela insinuaba. En palabras do investigador, ela mesma se
atribúe a cualidade de estranxeira na súa condición de persoa que,
paradoxalmente, representando o espíritu xenuino do pobo galego, o seu
dereito á existencia, o seu esforzo por ocupar un lugar na historia, sen
embargo para os sectores intermediarios de Galiza, a Igrexa Católica, a
pequena e mediana burguesía españolizada, os sectores máis
reaccionarios, pois era unha muller molesta, marxinada e perseguida,
especialmente durante a Restauración.
Rosalía,
lonxe de ser unha nai abnegadísima, exerce o control sobre a súa
maternidade. De feito pasarán dez anos entre a primeira filla (casara
preñada dela) e a segunda, para despois adicarse a parir fillos arreo
(até sete). A razón, asegura Francisco Rodríguez, foi a súa carreira
literaria. Rosalía quería ser escritora e vivir da literatura.
Probabelmente esa sexa a razón pola que se empeñou en viaxar a Madrid co
seu home e en publicar en castelán. Segundo Francisco Rodríguez, foi en
Madrid onde Rosalía de Castro tomou conciencia de que Galicia estaba
en situación marxinal e moi discriminada no Estado español, que estaba
en construción, e quixo contribuír á súa evolución sentando as bases
dunha Literatura en lingua galega, desenvolvendo a súa obra nunha
vertente en castelán, para vender e vivir dela, e noutra vertente
reivindicativa, para xente culta, en lingua galega.
Tampouco se aproxima
esta “nova Rosalía” ao papel de amantísima esposa que a historiografía
española reservara para ela. O matrimonio Rosalía-Murguía foi un bo
acordo para dúas persoas que estaban entregadas á creación en función
dunha causa maior: a construción dun país. Os cartos escaseaban e os
dous debían valerse por si mesmos. Pero foi ela a que sacou adiante a
súa prole nos dez derradeiros anos da súa vida. Rosalía foi unha muller
adiantada ao seu tempo, moi amiga doutros homes que tamén eran amigos do
seu esposo , como Eduardo Pondal. No diálogo que se establece no poema ¡Nin ás escuras!, de Follas Novas (1880),
parece insinuarse o tema da homosexualidade, segundo Francisco
Rodríguez, algo inaceptable nos ambientes burgueses do século XIX, cando
unha identidade distinta á heterosexual "era peor que a morte", talvez
por iso o poema mencionado acaba: ¡Houbera, e que saíra!... mais non: dentro te levo, / fantasma pavoroso dos meus remordementos!
Rosalía, lonxe de ser unha muller resignada foi, en palabras de Francisco Rofríguez,
un exemplo de feminismo, da concepción práctica de que a muller é igual
ao home, máis ca ningunha escritora europea da súa época. Algo
impensable nunha muller de formación aldeá. A nosa autora foi unha
muller de grande cultura. Lera os clásicos greco-latinos, era boa
coñecedora da literatura europea da súa época e especialmente das obras
dos filósofos. Manexábase en francés e participaba, entre homes, nas
tertulias literarias do Liceo de la juventud, en Compostela, onde mesmo
fixo representacións como actriz afeccionada. Non podería ser doutra
maneira, pois da intuición espontánea para a versificación non nace o nihilismo, nin o existencialismo, nin a concepción da irracionalidade do mundo que latexa fondamente en Follas Novas
e na súa obra posterior en castelán, encadrándose con voz propia entre
os “poetas malditos” (revolucionarios, bohemios, iconoclastas,
decadentes e profundamente críticos coa sociedade do seu tempo) , que
calificaría e clasificaría Paul Verlaine en 1884, na súa obra Les poètes Maudits.
Eis
a modernidade de Rosalía! A razón de que hoxe a súa poesía siga viva e
feraz (producindo novos creadores que, como lectores, beberan nas súas
páxinas) é esa profundidade de fonte inesgotábel que posúe, mais tamén o
xeito de estar e de ser da súa autora. Rosalía resulta moi atractiva
para un lector/a de hoxe, pola súa actitude revolucionaria, pola súa
bohemia, porque saltaba por riba dos tabús mesmo coa súa relixiosidade
(panteísta, ao estilo tradicional galego) e contraria ao dogma, o que
lle valeu o enfrontamento co Arcebispado de Santiago, que lle negou a
homenaxe pública cando o seu corpo foi trasladado ao Panteón dos Galegos
Ilustres de San Domingos de Bonaval.
_______________________________
VER ADEMAIS...
MUJERES EN LA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO, FEMINISTA EN LA SOMBRA. RTVE.es
ÁNIMA DORIDA E ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA.
En 1988, Francisco Rodríguez defende a súa tese de doutoramento, Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, que, en palabras do presidente do tribunal, Carvalho Calero, supón un antes e un despois na concepción da obra de Rosalía de Castro
pois vai derrubando un por un os falsos tópicos montados en torno á
autora desde o momento da súa morte, desde fóra e desde dentro do país.
Antes
de morrer Rosalía fora branco de aldraxes, mais despois de morrer foi
conscientemente marxinada polos estudosos da literatura española, a
pesar de ter sido a escritora en castelán máis importante da súa época
por terse anticipado, na súa prosa castelá, aos escritores modernistas
e, na súa poética (como os “poetas malditos” franceses) aos pensadores existencialistas do sec. XX. E isto a pesar de d. Emilia Pardo Bazán,
cuxa obra carece hoxe da modernidade e vitalidade que segue a ter a
obra rosaliana, capaz de seguir conmovendo a lectores/as de calquera
latitude. Como indica o profesor Anxo Tarrío, houbo voces que non
quixeron sumarse ao coro oficial. Así, Azorín dicía de Rosalía que fora a precursora da revolución métrica e ideolóxica levada a cabo por Rubén Darío. E Juan Ramón Jiménez recoñecía a influencia que a autora galega tivera na súa obra, ao tempo que sinalaba coincidencias entre Rosalía e a poesía de Antonio Machado. Mesmo F. García Lorca inspirouse nela á hora de escribir os seus poemas galegos. Neste sentido, para un coetáneo como Carré Aldao (dono da libraría Carré, convertida na Cova Céltica) Rosalía é a "culminación do Rexurdimento", Pondal e Curros figuran como "continuadores de Rosalía". E para o maior estudoso da Historia da literatura galega, d. Ricardo Carvalho Calero, "até Rosalía a literatura do sec. XIX é arcaiaca".
Pero as grandes personalidades da época, estudosos e insignes
escritores/as, só tiveron a ben recoñecer o pintoresquismo e o
costumismo de Cantares Gallegos.
Así
a imaxe interesadamente terxiversada que nos chegou de Rosalía foi a
dunha muller resignada, enfermiza, chorosa, nai abnegadísima e
amantísima esposa, saudosa e folclórica. Durante moito tempo mesmo se
chegou a cuestionar a autoría dos seus poemas, asignándolle ao culto
cronista que era o seu home, M. Murguía,
a súa creación, pois Rosalía foi considerada habitualmente na
historiografía como muller de escasa formación cultural. Non se estudaba
realmente a obra de Rosalía, analizábase a súa vida. Aínda hoxe podemos
comprobalo a través dos numerosos blogues e páxinas webs (en español)
que adicadas a ela surcan a rede. Case todas comezan do mesmo xeito:
nacemento ilexítimo, figura paterna ausente que se transloce na “negra
sombra”, formación aldeá, descoberta da súa condición de ilexítima e
trauma para toda a vida…
| Manuel Murguía |
| Rosalía ao estilo Andy Warhol |
Agora, xullo de 2011, vai saír á venda a segunda edición de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria.
En palabras de Pilar García Negro, corrobora nesta obra o autor aquelas
teses coas que hai máis de vinte anos aseguraba que Rosalía era unha
escritora profesional, unha muller enérxica e profundamente culta,
iniciadora dunha literatura galega feminista, abertamente contestataria
na súa denuncia dos poderes civís, militares e eclesiásticos, así como
redactora dunha nova semántica…
_______________________________
- Francisco Rodríguez (1988). A análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro. Ed. AS-PG. ISBN: 84-404-3471-5
- Anxo Tarrío Varela (1994). Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Ed. Xerais. ISBN: 84-7507-778-1.
- Ricardo Carvalho Calero (1981). Literatura Galega Contemporánea. Ed. Galaxia. ISBN: 84-7154-390-7
- Manuel Rei Romeu (2011). Desde o labirinto a Rosalía. Reseña en Terra e Tempo
- Pilar García Negro (2011). Unha obra monumental. Artigo en Xornal.com
- Diana Mandiá (2011). Rosalía sen tebras. Artigo en Luces. El País
VER ADEMAIS...
MUJERES EN LA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO, FEMINISTA EN LA SOMBRA. RTVE.es
domingo, 20 de xaneiro de 2013
venres, 18 de xaneiro de 2013
mércores, 16 de xaneiro de 2013
Características demográficas dos séculos escuros
Atopei esta entrada tan interesante por se lle queredes botarlle unha ollada. O blogue é Recunchos da memoria.
Globalmente,
o movimento demográfico de Galicia nestes tres séculos obedecéu a dúas
tendencias de aumento e a unha de estancamento. Como resultado a
poboación triplicóuse. Velaquí unhas cifras conxeturás do XIII ao XVIII:
ANO
|
POBOACIÓN
|
H./KM2
|
1280
|
476.820
|
16
|
1553
|
533.400
|
18
|
1591
|
620.000
|
21
|
1670
|
620.000
|
21
|
1717
|
1.210.000
|
41
|
1749
|
1.350.000
|
46
|
Entre 1450 e 1480 a poboación comenzóu
a aumentar na maior parte de Europa. Este movimiento seguíu, con
algunhas interrupcións temporais, ata os primeiros anos do século XVIII.
Galicia estivo dentro da tendencia xeral da Europa atlántica.
Ao
promediar o século XVI, o auxe atenuóuse. Na década de 1640 renovóuse o
crecimiento, que se disparóu a partir de 1670, aínda que non é probable
que as poboacións de 1591 e 1670 fosen iguaís. Non houbo perda de
poboación en sentido absoluto no XVIII; somente perda de veciños
contribuíntes. En 1594 eran perto de 125.718; no século XVII, 118.680.
En toda a documentación é unánime o aumento pasivo de
mendigos. Os factores desencadeantes do diverso sentido do movimiento
demográfico están en relación coa produción e coa mortalidade. A mellora
produtiva no XVI debéuse ao comercio esterior
costeiro, que dinamizou a agricultura. Impedido este comercio polas
guerras imperiaís, o teito produtivo interior mudóuse en estancamento.
Co fin das guerras con Portugal
veu a coincidir a introdución masiva do millo gordo, que fixo posible o
novo disparo poboacional; mais pola metade do XVIII as posibilidades
decaíron novamente.
Análises
demográficas locaís proban o descenso da mortalidade no XVIII, dunha
tasa de 35,5 por mil no XVII a 20,05 por mil a final do XVIII.
De
momento, fican en pé graves dificultades para establecernos unha
demografía precisa de Galicia nestes séculos pre-estadísticos. As
veciñanzas do XVI e do XVIII e os primeiros censos de habitantes son
pouco fiables. Os estudios de Eiras sobre a fiabilidade destes
documentos para a provincia de Santiago conceden distinto valor a cada
un. Eiras xulgóu correcto o 3,6 para a provincia de Santiago; na montaña
lucense era, sen dúbida, moi superior. En contrapartida, o grado de
ocultación obriga a sumar habitantes. A estadística proposta máis
arriba, en base a datos diferentes, creo que pode eludir algo a
realidade.
A
poboación seguía a ser eminentemente rural; ningunha das cidades, e
menos as vilas, pasaba de 20.000 habitantes. No XVI o maior número de
habitantes correspondía a Pontevedra, seguida de Santiago, Ourense,
Viveiro, A Coruña, Lugo, Betanzos e Redondela. Durante o XVII, as
aglomeracións costeiras indefensas perderon poboación;
somente medróu A Coruña, e o Ferrol empezóu a significar xa algo como
cidade de realengo. A mediados do XVIII as cabezas de provincia tiñan a
poboación seguinte:
Nº DE VECIÑOS
|
Nº DE HABITANTES
| |
Santiago
|
4.504
|
13.952
|
A Coruña
|
2.051
|
6.358
|
Betanzos
|
908
|
2.815
|
Tui
|
903
|
2.799
|
Ourense
|
773
|
2.396
|
Lugo
|
709
|
2.198
|
Mondoñedo
|
626
|
1.941
|
Aspectos importantes da demografía, como a división por sectores de producción ocuparánnos ao tratar da economía. Agora cómpre consignarnos un: a emigración.
Parece
imposible un estudio estadístico da emigración galega nestes tres
séculos. E indubitable a esistencia dunha movilidade migratoria
no XVI e no XVII. Varios miles de galegos repoboaron as Alpujarras
cando os mouriscos foron forzados a abandonalas; concretamente cando os
espulsóu do Estado Felipe II.

Os
rexistros de saída cara a América dannos un número de galegos
inapreciable. Mais é ben notoria a esistencia da emigración clandestina.
Con todo, maior relevancia tivo a emigración no XVII. Para o século
XVIII apreciase unha emigración
con dirección a León, Castilla e Andalucía; as cifras son de 30.000
individuos anualmente, a maior parte homes, porque non faltan mulleres e
nenos.

A
emigración no XVIII cara a Portugal, Castilla e América foi grande. En
total arredor de 300.000 individuos ao longo do XVIII. A emigración
ultramariña dirixíase principalmente a Sudamérica. A partir de 1776 os
gobernos españois tentaron protexer aos emigrantes galegos contra abusos
nas levas militares e na navegación. Creóuse na Coruña una comisión
encargada da espedición de familias ás terras do Mar de Prata.
Conseguintemente, aquel porto convertéuse en centro de partida de
numerosos grupos cara ao sur de Argentina, o Uruguay oriental e Brasil.
Este último país atraía aos buscadores de ouro.

A
emigración foi, tanto como o efecto da miseria dos sectores populares
máis desfavorecidos, o indicador do desaxuste das estruturas
socioeconómicas que máis chamóu a atención dos ilustrados en procura
dunha reforma. Campomanes intentóu algún arranxo con propostas
concretas.
martes, 15 de xaneiro de 2013
luns, 14 de xaneiro de 2013
As orixes do galego
Historia orixes from IES
Departamento de lingua e literatura de Lama das Quendas (Lugo).
sábado, 12 de xaneiro de 2013
Máis sobre os séculos escuros
Deberedes ir a esta moi boa entrada deste blogue marlou-literaturagalega para acceder a toda esta información tan ben administrada sobre os séculos escuros:
venres, 11 de xaneiro de 2013
xoves, 10 de xaneiro de 2013
mércores, 9 de xaneiro de 2013
martes, 8 de xaneiro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)